Este domingo celébrase a segunda e última xornada da Feira Ecolóxica de Arzúa, Terractiva, coa participación de 50 produtores, ademais de charlas, obradoiros, presentacións e concertos.
Fálase
Este domingo celébrase a segunda e última xornada da Feira Ecolóxica de Arzúa, Terractiva, coa participación de 50 produtores, ademais de charlas, obradoiros, presentacións e concertos.
Unhas trinta persoas participaron este sábado na primeira asemblea de asesoramento colectivo para afectadas por desafiuzamentos realizada na Coruña. Stop Desahucios convoca unha concentración, este martes 8 ás 10 da mañá, no barrio do Castrillón para impedir o desafiuzamento de Elisabeth Sanlés.
Irlanda manterá o seu senado tras vencer o "non" á abolición por un 51% dos votos. Na consulta participou apenas o 40% do censo. Cóntao o Irish Times.
Stop Desafiuzamentos solicita apoio cidadán para tentar frear o desaloxo de Sandra, unha veciña de Cabanas vítima de violencia machista e cun fillo menor de idade. Será este luns pola mañá.
Avanza o reconto no referendo sobre a eliminación do Senado irlandés. Dublín semella decantarse por mantelo, mentres que os primeiros resultados das zonas rurais se decantan pola abolición. No Irish Times.
A veciñanza do Morrazo saíu de novo á rúa para apoiar a frota cefalopodeira. A CIG recolle algúns momentos da manifestación neste vídeo.
A veciñanza do Morrazo saíu de novo á rúa para apoiar a frota cefalopodeira. A CIG recolle algúns momentos da manifestación neste vídeo.
Esta mañá afectados polas preferentes de toda Galicia maniféstanse en Lugo para esixir a devolución dos seus aforros. A protesta cadra co día grande das festas do San Froilán. (foto: @AntonBaoLugo)
O grupo LGTB do PSdeG, 7 Cores, celebra este sábado o seu quinto xantar rural pola visibilidade en Silleda. No seu blog detallan o programa de actos.