Gómez Noya gaña o Mundial de triatlón cros na súa primeira participación. O galego pecha así un ano 2012 cheo de éxitos, tras a prata olímpica ou o Europeo de Eliat.

Gómez Noya gaña o Mundial de triatlón cros na súa primeira participación. O galego pecha así un ano 2012 cheo de éxitos, tras a prata olímpica ou o Europeo de Eliat.
El Mundo anuncia na súa primeira páxina que o Goberno central crea, a instancias de Ruiz-Gallardón, unha "célula de crise contra a independencia" de Catalunya
Os partidos de esquerda gañan as eleccións en Lituania, con ascensos para o Partido Socialdemócrata e para o Partido do Traballo. A conservadora Unión pola Patria, até agora no poder, pagou a súa politica de austeridade e de recortes.
Novagalicia Banco reducirá a súa dimensión ata ser semellante á antiga Caixanova. Cóntao El País.
O sociólogo Javier de Rivera analiza en El Diario a relación entre suicidios e a crise e afirma que non é tan directa como se deixou ver nos últimos dias. España mantén unha das taxas de suicidio máis baixas de Europa
Ferrín reclámalle á Xunta que eleve a súa achega económica á Real Academia Galega. A RAG recibe 280.688 euros anuais da Xunta, fronte aos 5 millóns que lle entrega a Generalitat á súa Academia e aos 3 millóns cos que contribúe a Academia Valenciá.
O candidato do Partido dos Trabalhadores, Fernando Haddad, gaña alcaldía de Sao Paulo ao derrotar na segunda volta a José Serra (PSDB)
Persoal de El País entregoulle este domingo aos lectores do diario unha carta explicándolles o conflito laboral que vive a empresa e os despedimentos que prevén os seus dirixentes. En El Diario.
Marcadores da Terceira división galega, con todos os encontros concluídos
RC Celta B 0 - 1 UD Somozas
Ordes 4 - 0 Céltiga CF
As Pontes 2 - 0 Negreira
SD Compostela 1 - 0 Vilalbés
Dorneda 0 - 1 Cerceda
Vilalonga 0 - 1 Rápido de Bouzas
Betanzos 2 - 1 Deportivo B
Barbadás 2 - 0 Pontevedra
Bergantiños 0 - 0 Narón
Rácing de Ferrol 1 - 2 Alondras
O CD Lugo non puido co Xerez e, aínda que o equipo andaluz rematou con 8 xogadores no campo, o resultado final mantívose no 1-0