O Valedor do Pobo protagoniza unha nova polémica. Asegura no Parlamento que os recortes son "imprescindibles, xustos e necesarios" e aposta por explicarllos mellor á poboación para que poida "soportalos". Ademais, Benigno López propón "suspender" a Lei de Dependencia porque "naceu morta".