En Compostela a concentración tivo lugar na Facultade de Xornalismo
En Compostela a concentración tivo lugar na Facultade de Xornalismo
Veñen de celebrarse concentracións de xornalistas en Compostela, A Coruña, Pontevedra e Vigo. Na imaxe, o acto da Coruña, onde acudiron, por exemplo, Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro (via @apcoruna). Pola tarde, haberá tamén concentración en Lugo
#consellodaxunta A Xunta remite mañá ao Parlamento un plan de "impulso á maternidade"
Alfonso Hermida escribe o Manifesto do Colexio de Xornalistas no Día da Liberdade de Prensa, Cando vivir significa tomar partido. Hermida escribe que "o xornalismo encamíñase cara á súa autodestrución e chegou o momento de reaccionar antes de que o último de nós asine a carta de defunción, apague a luz e peche a porta"
"Barcelona ten unha historia de loita de movementos obreiros e anarquismo. Aquí hai un substrato que debemos ter controlado", di o director xeral dos Mossos d'Esquadra, Manel Prat, en relación á -esaxerada para moitos- presenza policial no cumio do BCE, que se celebra na capital de Catalunya.
Diego Valderas, coordinador de IU en Andalucía e futuro vicepresidente da Comunidade afirma na sesión de investidura de Griñán que “Chegado o caso non aplicaremos a reforma laboral de Rajoy na Junta"
O Tesouro Público recada 2.520 millóns de euros coa subasta de débeda a longo prazo, o que se sitúa lixeiramente por riba do máximo previsto, 2.500 millóns. A demanda subiu en todos os tramos emitidos.
España destinará os cartos que saque das privatizacións para financiar a débeda, tal e como conta La Información, que fai referencia a unha obriga da Lei de Estabilidade Orzamentaria.
Esperanza Aguirre adiántase ao Goberno e anuncia que porá peaxes nalgunha estrada madrileña ao non poder pagar o seu mantemento. A presidenta da Comunidade de Madrid anunciouno nunha entrevista ao ABC.
Cataluña propón ampliar o copago sanitario para as rendas máis altas. A Generalitat quere cobrar cinco euros por día de hospitalización e que paguen o 100% das receitas os traballadores con rendas superiores aos 100.000 euros.