Diego Valderas, coordinador de IU en Andalucía e futuro vicepresidente da Comunidade afirma na sesión de investidura de Griñán que “Chegado o caso non aplicaremos a reforma laboral de Rajoy na Junta"
Fálase
O Tesouro Público recada 2.520 millóns de euros coa subasta de débeda a longo prazo, o que se sitúa lixeiramente por riba do máximo previsto, 2.500 millóns. A demanda subiu en todos os tramos emitidos.
España destinará os cartos que saque das privatizacións para financiar a débeda, tal e como conta La Información, que fai referencia a unha obriga da Lei de Estabilidade Orzamentaria.
Esperanza Aguirre adiántase ao Goberno e anuncia que porá peaxes nalgunha estrada madrileña ao non poder pagar o seu mantemento. A presidenta da Comunidade de Madrid anunciouno nunha entrevista ao ABC.
Cataluña propón ampliar o copago sanitario para as rendas máis altas. A Generalitat quere cobrar cinco euros por día de hospitalización e que paguen o 100% das receitas os traballadores con rendas superiores aos 100.000 euros.
No Día da Liberdade de Prensa o diario La Información repasa vinte filmes dedicados ao xornalismo
A confianza do consumidor baixa 13,4 puntos en abril, até os 50,3, un dos peores datos desde 2004, segundo o Índice de Confianza do Consumidor publicado polo CIS.
O grito de Munch foi vendido onte en Sotheby's por 91 millóns de euros, converténdose no prezo máis alto pagado por un cadro nunha poxa. Os expertos falan xa dunha burbulla no mercado da arte
O PP de Catalunya incorpora a senyera e a palabra catalá ao seu logo, que estreará no seu congreso, que celebrará esta fin de semana en Barcelona.
El Periódico dedica a súa portada ao Salón do Cómic de Barcelona.