O edificio Conde de Fenosa da Coruña non será derrubado. O TSXG declara "inexecutable" a demolición do inmoble, malia que unha sentenza de 2001 obrigaba á súa derruba.
Fálase
A rexión das Landas cifra en 100 millóns de euros as perdas polo Prestige no sector turístico. Así o asegurou un representante do goberno local no xuízo pola catástrofe marítima. Asegura que o turismo descendeu un 20% tras a marea negra.
O PP acepta que Feijóo compareza no Parlamento sobre as súas fotos con Marcial Dorado a cambio de suprimir a sesión de control ao presidente nese mesmo pleno, segundo vén de avanzar o voceiro do BNG, Francisco Jorquera. Toda a información, esta mañá en Praza.
Esta madrugada faleceu o director Jesús Franco, pioneiro do cinema español de serie B e autor de máis de 200 filmes
Henrique Mariño escribe en Público un retrato de Noelia Moreno, portavoz da acampada en Sol, soltera, nai e dous anos no paro
Le Monde faise eco das fotos "comprometedoras" de Alberto Núñez Feijóo con Marcial Dorado. Onte xa as recollera tamén o italiano Corriere della Sera
Vén de abrirse unha recollida de sinaturas a través de change.org para pedir a dimisión de Alberto Núñez Feijoo polo escándalo provocado polas súas fotos co narco Marcial Dorado
Anxo Quintana: "Se me pasa a min o das fotos, viríame buscar unha parella da Garda Civil". O ex vicepresidente da Xunta quéixase na Cadena Ser da equiparación da súa fotografía cun empresario coas polémicas imaxes de Feijóo e recoñece a "complicada situación" na que queda o xefe do Executivo galego.
O paro baixa en Galicia en marzo, con 1.636 persoas menos. É unha das nove autonomías onde descende o número de desempregados. Máis información, nuns minutos en Praza.
Reparto de xornais con drones, Google Nose, un microondas de Nokia ou un avión con chan de cristal de Virgin Air, entre as mellores bromas do 1 de abril.