O PP asegura dende Madrid que Grecia vive unha "vaga de atracos e violencia inusitada". Son verbas do seu voceiro, Pablo Casado, que recolle a Cadena SER
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/559cb996a8dfd-1436297611_196379_1436297885_noticia_normal.jpg)
O PP asegura dende Madrid que Grecia vive unha "vaga de atracos e violencia inusitada". Son verbas do seu voceiro, Pablo Casado, que recolle a Cadena SER
Os socios do Eurogrupo esixen a Grecia recortes antes do remate da semana como vía para a permanencia no euro. En eldiario.es
A xuíza De Lara amplía a investigación do caso Pokémon ao Concello de Verín. En Faro de Vigo
O Eurogrupo conclúe sen resultado sobre Grecia. O novo ministro de Finanzas heleno non presentou unha proposta formal á espera de que o faga Tsipras, que opta por un debate político cos restantes primeiros ministros. O Eurogrupo debaterá mañá a proposta do Goberno grego, semellante á que xa se discutira antes do referendo.
O 71,5% dos españois e españolas consideran que a situación económica é mala ou moi mala, segundo o barómetro do CIS coñecido hoxe; na última enquisa a porcentaxe era lixeiramente superior (72,1%). Desemprego (78,2%) e corrupción (47,1%) seguen sendo os principais problemas, descendendo un pouco con respecto a maio; aumentan (do 19% ao 21%) os que nomean "os partidos" e "os políticos" como problema.
A nova proposta de Grecia acepta unha suba do IVE pero pon como condición unha reestruturación da súa débeda e unha mellora do seu financiamento, tomando como base a última oferta dos acreedores. Alemaña négase a esa reorganización da débeda
O PSOE "descarta" que Besteiro sexa senador por designación autónomica por estar citado como imputado no caso do Garañón. Faino despois de que o líder dos socialistas galegos comunicase este luns á dirección federal a súa decisión de renunciar a esa posibilidade mentres se manteña a imputación. O proceso de elección esteaba paralizado dende finais de xuño.
O CNI emprega un programa semellante a un troiano para realizar espionaxe informática. Cóntao eldiario.es a partir da revelación de datos pertencentes á empresa Hacking Team.
O Concello da Coruña pedirá un crédito de 10 millóns para pagar as facturas que deixou pendentes o anterior goberno e evitar o incumprimento legal que implicaría ser intervido.
O Constitucional avala que un farmacéutico non venda a pílula postcoital alegando obxección de conciencia.