O campus universitario de Ferrol (UDC) celebrará tamén un referendo sobre a Monarquía o vindeiro 12 de decembro, uníndose aos campus de Santiago (USC) e A Coruña (UDC). A data foi decidida este xoves nunha asemblea que fixou as preguntas da consulta: "Estás a favor de abolir a monarquía?" e "En caso afirmativo, estás a favor da apertura de procesos constituíntes para decidir o modelo de república?". 1.600 persoas participaron este martes no referendo celebrado en Vigo.
