O Congreso acolle o acto de conmemoración do 40 aniversario da Constitución. Felipe VI defendeu "a arquitectura territorial" e "a descentralización do poder político" cuestionada por VOX e PP e os líderes de Unidos Podemos avogaron pola República.

O Congreso acolle o acto de conmemoración do 40 aniversario da Constitución. Felipe VI defendeu "a arquitectura territorial" e "a descentralización do poder político" cuestionada por VOX e PP e os líderes de Unidos Podemos avogaron pola República.
Feijóo condiciona o 'si' definitivo do PP ao traspaso da AP-9 a que se cumpran as esixencias da Xunta. Di non estar disposto a que Galicia "perda cartos" coa transferencia.
Investigan como violencia machista un suceso no Grove. Unha muller foi disparada por un home que foi finalmente detido tras un amplo despregamento de forzas de seguridade. Foto: TodoGrove.
O Concello de Bueu aprobou a súa incorporación ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que suma un total de 100 entidades adheridas, que contribúen a impulsar proxectos de cooperación en países do Sur.
O Tribunal Superior de Navarra confirma sen unanimidade a pena de nove anos de cárcere á 'manada' por abuso sexual. Dous dos maxistrados defenden que os acusados deberían ser condenados por agresión sexual a 14 anos.
Ás nove da mañá declarouse un grande incendio na factoría de ENCE en Pontevedra, que afecta a unha torre de refixeración, diante de oficinas e á beira do secapastas. Non hai danos persoais. Unha densa columna de fume é visible dende toda a comarca.
Estes son os dez bulos sobre inmigración que máis circularon durante a campaña das eleccións andaluzas polas redes sociais e especialmente a través do Whatsapp. O proxecto Maldito Bulo dedícase a identificar e desmentir estas noticias falsas.
O Portal das Palabras abre o prazo de presentación de candidaturas á Palabra do Ano 2018, que se dará a coñecer o 27 de nadal. Afouteza (2017), irmandade (2016), refuxiados (2015) e corrupción (2014) foron as escollidas nos últimos catro anos.
O TSXG confirma a sentenza que ordena a demolición das 52 vivendas dunha urbanización do Grove. En novembro o xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra xa ordeou a súa derruba. En 1992 a Xunta outorgou un permiso para levantar un aparthotel nun espazo natural non urbanizable de especial protección de costas, unha obra si autorizada. Porén, finalmente construíronse 52 chalés adosados vendidos como inmobles individuais.
Estudantes e persoal da Universidade de Vigo votan no referendo sobre a monarquía convocado hoxe. Varios campus do resto de universidades galegas realizarán a consulta o vindeiro 12 de decembro. Os participantes responden se queren "aboliar a monarquía" para "instaurar a República" e, nese caso, se queren "abrir procesos constituíntes".