O TSXG confirma a sentenza que ordena a demolición das 52 vivendas dunha urbanización do Grove. En novembro o xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra xa ordeou a súa derruba. En 1992 a Xunta outorgou un permiso para levantar un aparthotel nun espazo natural non urbanizable de especial protección de costas, unha obra si autorizada. Porén, finalmente construíronse 52 chalés adosados vendidos como inmobles individuais.
