O contrato das fragatas de Navantia irá ao Congreso "nas próximas semanas". Construiranse cinco embarcacións por un importe de máis de 4.300 millóns e suporía "o 40% da contratación" que os estaleiros agardan para os próximos cinco anos. O Goberno do PP freara a construción de fragatas en Ferrol para adaptalas aos mísiles da empresa do ex-ministro Morenés.
