Macron cede ante os 'chalecos amarelos' e apraza a suba de impostos aos carburantes. A suba, de 2,9 céntimos para a gasolina e de 6,5 para o gasóleo, estaba prevista para o 1 de xaneiro e uníase a un incremento semellante xa realizado hai meses.

Macron cede ante os 'chalecos amarelos' e apraza a suba de impostos aos carburantes. A suba, de 2,9 céntimos para a gasolina e de 6,5 para o gasóleo, estaba prevista para o 1 de xaneiro e uníase a un incremento semellante xa realizado hai meses.
O paro creceu en Galicia en novembro en 626 persoas, ficando en 170.369 desempregados/as, mentres que no conxunto de España a cifra caeu en 1.836. Ademais, as afiliacións descenderon en 3.327, superando por pouco o millón de traballadores/as (1.009.871), unha redución semellante á que se deu no Estado (-47.449)
O campus de Vigo celebra mañá o primeiro dos referendos sobre a monarquía convocados por estudantes en todas as universidades galegas. Haberá seis lugares onde se poderá votar desde as 9 horas.
Rull e Forn únense á folga de fame de Sànchez e Turull. Os catro predsos de Junts per Catalunya adoptan a protesta de forma indefinida contra o "bloqueo" do Constitucional aos seus recursos de amparo.
O contrato das fragatas de Navantia irá ao Congreso "nas próximas semanas". Construiranse cinco embarcacións por un importe de máis de 4.300 millóns e suporía "o 40% da contratación" que os estaleiros agardan para os próximos cinco anos. O Goberno do PP freara a construción de fragatas en Ferrol para adaptalas aos mísiles da empresa do ex-ministro Morenés.
A iniciativa coruñesa Acampa pola paz e o dereito ao refuxio celebrará a súa edición 2019 á vez na cidade herculina e no Brasil, na localidade de Piracicaba, a 150 quilómetros de São Paulo. Esta posibilidade xa foi adiantada ao remate da edición 2018 polo profesor Marcos Sorrentino (Universidade de São Paulo), ao que entrevistamos días despois do triunfo de Bolsonaro.
Pablo Iglesias reúnese cos traballadores de Alcoa na planta da Coruña. O secretario xeral de Podemos amosa o seu apoio ao persoal mobilizado contra o peche da factoría anunciado pola multinacional.
No día despois das eleccións en Andalucía, a prensa reflexiona sobre as razóns do auxe da extrema dereita. Ao tempo que Vox recibe as felicitacións de Marine Le Pen e outros líderes da ultradereita. Hai unhas semanas, unha xornada de debate na Coruña alertou de que Vox marcase "a axenda política do conxunto da dereita española"
PP (26 escanos), Ciudadanos (21) e Vox (12) suman maioría absoluta en Andalucía (59 dos 109 escanos) grazas á irrupción da formación de extrema dereita, que obtén uns 400.000 votos, o 11% do total. O PSOE de Susana Díaz cae de 47 a 33 escanos tras 36 anos na Junta de Andalucía.. Segue aquí o minuto a minuto.
Os líderes independentistas cataláns Jordi Sànchez e Jordi Turull inician no cárcere unha folga de fame indefinida en protesta pola súa situación xudicial. Moncloa responde que teñen garantido un xuízo xusto e “a protección do estado de dereito”. Este sábado Òmnium Cultural distribuíu a primeira imaxe dos políticos cataláns na cadea.