A RAG lamenta o pasamento de Nicandro Ares Vázquez, académico correspondente da institución e grande estudoso da toponimia. O sacerdote faleceu este sábado en Lugo aos 91 anos.
Fálase
Gonzalo Caballero comeza a carreira polas primarias no PSdeG cun acto con militantes en Compostela e lembra que leva "20 anos" no PSdeG, onde "todo o mundo se coñece".
En Marea presenta os actos do 25-X, que celebra co ánimo de "construír unha patria colectiva". A coordinadora afirma que non foi posible organizar un acto conxunto xunto a outras organizacións porque xa había "cousas en marcha".
Feijóo advirte a Rajoy que "non debe negociar nada" co actual Goberno catalán. "Sería un gravísimo erro", di o presidente da Xunta, que non descarta aplicar o artigo 155 da Constitución.
A RAG homenaxeou este venres a Luz Pozo Garza polo seu 95º aniversario. "Autenticidade, elegancia e beleza", dixo o presidente, Víctor F. Freixanes, para definila.
O Estado subirá a luz en Galicia para repercutir catro impostos da Xunta, segundo adianta Faro de Vigo. O impacto será maior do previsto ao non afectar só ao canon eólico, senón tamén ao dos encoros, ao de saneamento ou ao imposto de contaminación atmosférica. Este incremento do recibo nos fogares galegos derívase dunha sentenza do Supremo do pasado mes de marzo.
O 54% dos indultos do Goberno de Rajoy contaron cun informe desfavorable de xuíces ou fiscais. O Executivo do PP aprobou 47 indultos malia ter informes contrarios á súa concesión por parte do ministerio Fiscal e a sala do Tribunal.
A policía rexistra o Centro Tecnoloxico da Carne, dependente da Xunta, en Ourense. A operación enmárcase nunha investigación da Fiscalía.
Deportivo-Real Madrid e Celta-Real Sociedad na primeira xornada da Liga, cuxo calendario sortéase esta mañá.
O 48% dos cataláns apoia o referendo unilateral fronte ao 46% que o rexeita, segundo unha enquisa do CEO. O 41,1% apoiaría a independencia mentres que o 49,4% votaría 'non'.