O 48% dos cataláns apoia o referendo unilateral fronte ao 46% que o rexeita, segundo unha enquisa do CEO. O 41,1% apoiaría a independencia mentres que o 49,4% votaría 'non'.

O 48% dos cataláns apoia o referendo unilateral fronte ao 46% que o rexeita, segundo unha enquisa do CEO. O 41,1% apoiaría a independencia mentres que o 49,4% votaría 'non'.
O Goberno inclúe seis condenados por prevaricación nos 20 indultos concedidos en 2017, conta eldiario.es. O Ministerio de Justicia xustifica que non houbo enriquecemento persoal.
O xuíz decreta prisión incondicional e sen fianza para Ángel María Villar e o seu fillo Gorka.
A Xunta admite que tarda unha media de 16 meses en recoñecer os graos de discapacidade e pagará pluses a médicos para aceleralo. “Necesitamos ser máis áxiles”, recoñece Feijóo, que informa de que médicos do Sergas poderán de xeito voluntario e cobrando un plus axudar ao persoal de Servizos Sociais a acadar o obxectivo dunha demora máxima de tres meses.
O alcalde de Palas de Rei e o seu antecesor, condenados por prevaricación e acoso laboral á secretaria municipal xunto a outros 4 edís do PP. O rexedor Pablo Taboada e o anterior titular do posto, o actual tenente de alcalde Fernando Pensado, son condenados pola Audiencia de Lugo a 15 meses de prisión e 9 e 8 anos de inhabilitación, respectivamente. Toda a información, nesta ligazón.
A Xunta organiza unha nova presentación do proxecto de servizos para o vello hospital de Lugo. Como anunciara o pasado xuño, o complexo volverá ter usos sanitarios, entre outros, cando estea a piques de cumprir unha década pechado.
O taxi da fin do mundo. O xornal Swiss info conta a historia dos taxistas galegos que transportan emigrantes ata Suíza e a súa situación actual, agora a competiren contra as liñas aéreas de baixo custo.
DOCUMENTAL ÍNTEGRO | A produtora Mediapro publica integramente Las cloacas de Interior, o documental sobre as malas prácticas no Ministerio do Interior dende a Transición e centrado na 'policía patriótica' que presuntamente actuou baixo o mando do Goberno de Mariano Rajoy contra adversarios políticos do PP, especiamente contra o soberanismo catalán. Foi emitido por ETB e TV3 esta semana. O documental, íntegro neste espazo.
O PP rexeita un pleno extraordinario para abordar o veto do Goberno de España ao traspaso da AP-9 porque xa hai "unanimidade" ao respecto. Recólleo Faro de Vigo
Controlados os incendios de Ribas de Sil e mais do Barco de Valdeorras, nos que arderon 126 e 64 hectáreas de monte, respectivamente. Son os únicos incendios dos que informou a Xunta nos últimos dous días.