Controlados os incendios de Ribas de Sil e mais do Barco de Valdeorras, nos que arderon 126 e 64 hectáreas de monte, respectivamente. Son os únicos incendios dos que informou a Xunta nos últimos dous días.

Controlados os incendios de Ribas de Sil e mais do Barco de Valdeorras, nos que arderon 126 e 64 hectáreas de monte, respectivamente. Son os únicos incendios dos que informou a Xunta nos últimos dous días.
En Marea anuncia que celebrará o Día Nacional de Galicia "dun xeito lúdico" cunha festa no parque compostelán de Vista Alegre baixo o lema A Galicia que a xente queremos. A patria das comúns. A xornada, avanzan, contará con intervencións de "representantes de movementos sociais" para que "as persoas teñan todo o protagonismo". A intervencións políticas, sinalan, combinaranse con diversas actividades lúdicas.
Activo un novo incendio na provincia de Ourense que "supera as 20 hectáreas" afectadas no Barco de Valdeorras. É o segundo incendio do que Medio Rural informa nas últimas 24 horas, aínda que se produciron varios máis. (Imaxe: Brif Laza)
Máis dun cento de familias benefícianse da renda social municipal da Coruña. Ao mes incorpóranse de media 25 novas rendas sociais, cunha contía que sobrepasa os 456 euros
O PPdeG anuncia que vai "celebrar o Día de Galicia" catro días antes do 25 de xullo cunha homenaxe a Fraga en Vilalba encabezada o vindeiro venres polo secretario xeral, Miguel Tellado, e á que non acudirá Feijóo por motivos de "axenda". No anuncio dos actos Tellado chamou a contrastar este evento coas xornadas organizadas "por Beiras e Anova, que traerán aos seus amigos da CUP e Bildu para copiar o secesionismo vasco e catalán".
Atopan morto dun disparo a Miguel Blesa, ex-presidente de Caja Madrid. A Cadena SER vén de avanzar a noticia e eldiario.es tamén está a informar ao respecto.
Leiceaga avanza que está a "reflexionar seriamente" sobre concorrer ás primarias á secretaría xeral do PSdeG. Sinalouno durante unha entrevista na Radio Galega.
O Fondo Monetario Internacional teima en recomendar a España os fondos privados de pensións e non subilas máis do 0,25% fixado polo Goberno de España como tope aínda que aumenten os prezos. Son parte das conclusións da "misión" da institución para o Estado español, que veñen de se facer públicas.
Un incendio forestal afectou a montes de Ribas de Sil (Lugo) no serán deste martes. A única información actualizada pola Xunta a primeira hora deste mércores indica que a contorna afectada é superior ás 100 hectáreas. É o segundo incendio do que ofrece datos Medio Rural dende o inicio do período de alto risco. (Imaxe: BRIF Laza).
O TSXG nega á residencia privada Rialta os 6 millóns que reclamaba á Universidade da Coruña por retirarlle a subvención. Cóntao La Opinión