Leiceaga avanza que está a "reflexionar seriamente" sobre concorrer ás primarias á secretaría xeral do PSdeG. Sinalouno durante unha entrevista na Radio Galega.

Leiceaga avanza que está a "reflexionar seriamente" sobre concorrer ás primarias á secretaría xeral do PSdeG. Sinalouno durante unha entrevista na Radio Galega.
O Fondo Monetario Internacional teima en recomendar a España os fondos privados de pensións e non subilas máis do 0,25% fixado polo Goberno de España como tope aínda que aumenten os prezos. Son parte das conclusións da "misión" da institución para o Estado español, que veñen de se facer públicas.
Un incendio forestal afectou a montes de Ribas de Sil (Lugo) no serán deste martes. A única información actualizada pola Xunta a primeira hora deste mércores indica que a contorna afectada é superior ás 100 hectáreas. É o segundo incendio do que ofrece datos Medio Rural dende o inicio do período de alto risco. (Imaxe: BRIF Laza).
O TSXG nega á residencia privada Rialta os 6 millóns que reclamaba á Universidade da Coruña por retirarlle a subvención. Cóntao La Opinión
Declárase un incendio na contorna do polígono coruñés de Agrela, nun monte próximo ao centro comercial Marineda City. Bombeiros da Coruña e efectivos de Medio Rural están a actuar na zona (imaxe dos bombeiros da Coruña).
Xoel López, Sés, Jarabe de Palo, Macaco, Miguel Bosé, a Orquestra Sinfónica de Galicia ou o espectáculo Chané na Habana, entre as principais ofertas musicais das Festas de María Pita da Coruña, que comezarán o vindeiro 1 de agosto co pregón do ex-xogador de baloncesto Fernando Romay. O Concello coruñés vén de presentar o cartel e o programa da celebración.
CGT convoca folga en Renfe e Adif para o venres 28 de xullo entre as 0.00 e as 23.00 horas. O sindicato reclama unha maior dotación de persoal e o cumprimento dos convenios colectivos. O paro engadirase aos diversos conflitos que afectan ao sector do transporte que aínda non atoparon solución definitiva.
Detido o presidente da Federación Española de Fútbol nunha operación contra a corrupción. Ángel María Villar foi prendido en Madrid xunto ao seu fillo e o operativo continúa aberto. Está a contalo eldiario.es
Gonzalo Caballero confirma que pretende presentarse ás primarias do PSdeG. Di que está "disposto" a ser un dos aspirantes a liderar o socialismo galego durante unha entrevista na Radio Galega.
Descartadas todas as construtoras españolas que optaban a facer o tren de alta velocidade británico. Acciona, ACS, FCC e Ferrovial, todas elas moi implicadas no AVE galego, son descartadas xusto tras a visita do rei ao Reino Unido.