O TSXG nega á residencia privada Rialta os 6 millóns que reclamaba á Universidade da Coruña por retirarlle a subvención. Cóntao La Opinión
Fálase
Declárase un incendio na contorna do polígono coruñés de Agrela, nun monte próximo ao centro comercial Marineda City. Bombeiros da Coruña e efectivos de Medio Rural están a actuar na zona (imaxe dos bombeiros da Coruña).
Xoel López, Sés, Jarabe de Palo, Macaco, Miguel Bosé, a Orquestra Sinfónica de Galicia ou o espectáculo Chané na Habana, entre as principais ofertas musicais das Festas de María Pita da Coruña, que comezarán o vindeiro 1 de agosto co pregón do ex-xogador de baloncesto Fernando Romay. O Concello coruñés vén de presentar o cartel e o programa da celebración.
CGT convoca folga en Renfe e Adif para o venres 28 de xullo entre as 0.00 e as 23.00 horas. O sindicato reclama unha maior dotación de persoal e o cumprimento dos convenios colectivos. O paro engadirase aos diversos conflitos que afectan ao sector do transporte que aínda non atoparon solución definitiva.
Detido o presidente da Federación Española de Fútbol nunha operación contra a corrupción. Ángel María Villar foi prendido en Madrid xunto ao seu fillo e o operativo continúa aberto. Está a contalo eldiario.es
Gonzalo Caballero confirma que pretende presentarse ás primarias do PSdeG. Di que está "disposto" a ser un dos aspirantes a liderar o socialismo galego durante unha entrevista na Radio Galega.
Descartadas todas as construtoras españolas que optaban a facer o tren de alta velocidade británico. Acciona, ACS, FCC e Ferrovial, todas elas moi implicadas no AVE galego, son descartadas xusto tras a visita do rei ao Reino Unido.
Cambados acolle este luns a homenaxe ao intelectual galeguista Plácido Castro no 50º aniversario do seu falecemento. Xulio Ríos explica neste artigo a importancia da figura e as razóns do acto que impulsa a Fundación que leva o seu nome.
O PP da Coruña admite que tentou desbancar os gobernos das mareas en alianza co PSOE e lamenta que a vitoria de Pedro Sánchez dificulte esa posibilidade. O presidente provincial do partido, Diego Calvo, descualifica os gobernos da Coruña, Santiago e Ferrol como "cuatro o cinco" que "vinieron a gobernar". Afirmouno nunha entrevista en Radio Coruña
VÍDEO | O voceiro do PP, Pablo Casado, equipara o apoio a ETA coa defensa do referendo catalán ou do Goberno de Venezuela. Fíxoo nun acto das Novas Xeracións do partido que recolle esta gravación, difundida polo partido