Cambados acolle este luns a homenaxe ao intelectual galeguista Plácido Castro no 50º aniversario do seu falecemento. Xulio Ríos explica neste artigo a importancia da figura e as razóns do acto que impulsa a Fundación que leva o seu nome.
Fálase
O PP da Coruña admite que tentou desbancar os gobernos das mareas en alianza co PSOE e lamenta que a vitoria de Pedro Sánchez dificulte esa posibilidade. O presidente provincial do partido, Diego Calvo, descualifica os gobernos da Coruña, Santiago e Ferrol como "cuatro o cinco" que "vinieron a gobernar". Afirmouno nunha entrevista en Radio Coruña
VÍDEO | O voceiro do PP, Pablo Casado, equipara o apoio a ETA coa defensa do referendo catalán ou do Goberno de Venezuela. Fíxoo nun acto das Novas Xeracións do partido que recolle esta gravación, difundida polo partido
Falece aos 77 anos George A. Romero, o 'pai' do cinema de zombies de orixe galega.
Audasa mantén pechado o enlace da AP-9 en Oroso dous meses despois do remate das obras. Os traballos acumularon ano e medio de demoras e agora "a apertura estase volvendo a atrasar por problemas entre funcionarios do Ministerio de Fomento", asegura o alcalde, Manuel Mirás, quen advirte de que a veciñanza xa valora emprender mobilizacións contra a concesionaria. Fomento defendeu a xestión xeral da empresa esta mesma semana. (Na imaxe, o enlace durante as obras).
VÍDEO | Os Diplomáticos de Monte Alto ultiman o lanzamento de dous novos vídeo-clips: Raiña de Galicia de Manuel Rivas e Aínda Teño a Esperanza de Manuel María, realizados por Pulpiño Viascón. Nestoutro vídeo explican como foi o proceso de creación dos traballos.
O Goberno de Rajoy considera legal exhibir a bandeira da II República mentres denuncia o Concello da Coruña por facelo no Museo Casares Quiroga. Cóntao La Opinión
Rajoy enche de eloxios ao PNV para cargar contra o Goberno de Cataluña e o proceso soberanista. Cóntao eldiario Norte
O sur de Ourense e o Baixo Miño están hoxe en alerta polas altas temperaturas e o risco de incendio forestal é alto, moi alto ou extremo en todo o país agás na Mariña e na contorna da Costa da Morte, tal e como amosa o mapa de Medio Rural.
O incendio de Feces de Cima (Verín), controlado tras queimar "arredor de 100 hectáreas forestais e agrícolas", segundo a Xunta. Medio Rural non dá conta de ningún incendio máis e este é o primeiro do que informa dende o pasado 25 de xuño.