O incendio de Feces de Cima (Verín), controlado tras queimar "arredor de 100 hectáreas forestais e agrícolas", segundo a Xunta. Medio Rural non dá conta de ningún incendio máis e este é o primeiro do que informa dende o pasado 25 de xuño.
Fálase
Un incendio forestal afecta a unhas 20 hectáreas en Feces de Cima (Verín) nunha área próxima a vivendas. Imaxe dos bombeiros forestais con base en Laza (Brif Laza). É o primeiro incendio concreto do que ofrece información Medio Rural por iniciativa propia dende o pasado 25 de xuño.
Os niños de avespa velutina retirados en Galicia superaron os 4.800 no primeiro semestre do ano, segundo os datos da comisión de seguimento da Xunta, feitos públicos este sábado
En marcha o plenario de En Marea, que se estenderá durante toda a xornada. A presentación dos relatorios pódese seguir ao vivo nesta ligazón. O máis destacado dos debates da xornada, hoxe en Praza.
O ex-presidente do Banco Pastor nega que ocultase presuntos branqueos da Gürtel e acusa a antiga dirección do Popular de tentar desprestixialo. Cóntao La Opinión
O TSXG desbota a suspensión cautelar do decreto de vivendas turísticas da Xunta, como pedía a asociación de propietarios. Cóntao Faro de Vigo. O Goberno galego xa recuou e rectificou a norma ante as críticas de Competencia, emitindo por terceira vez na historia da autonomía unha "instrución interpretativa" dunha norma.
O Goberno de España anuncia un plan de obras en estradas por 5.000 millóns para despois do verán con proxectos público-privados. Mentres, o Ministerio de Fomento está a aludir razóns orzamentarias para vetar o traspaso da AP-9 a Galicia.
Puigdemont remuda tres membros do Goberno catalán para reforzar a cohesión interna cara ao referendo do 1-O. Está a contalo Catalunya Plural
VÍDEO | Así esvaece o 'mar' de néboa nos Ancares. As cámaras de Meteogalicia recolleron este venres a mudanza da paisaxe na montaña lucense nas primeiras horas do día ao desaparecer a mesa néboa.
O derradeiro presidente do Banco Popular ignorou as denuncias de presunto branqueo no Pastor ligadas ao caso Gürtel, segundo a información que adianta o diario ABC