VÍDEO | Así esvaece o 'mar' de néboa nos Ancares. As cámaras de Meteogalicia recolleron este venres a mudanza da paisaxe na montaña lucense nas primeiras horas do día ao desaparecer a mesa néboa.
Fálase
O derradeiro presidente do Banco Popular ignorou as denuncias de presunto branqueo no Pastor ligadas ao caso Gürtel, segundo a información que adianta o diario ABC
Unidos Podemos pide que comparezan no Congreso Feijóo, Rajoy e Marcial Dorado sobre o financiamento irregular do PP, segundo informa o diario Público
O fiscal pide manter a imputación a Louzán e sobreseer a de Caballero no caso Patos, avanza Europa Press na súa web. O ex-presidente da Deputación de Pontevedra é sospeitoso de delitos de prevaricación, falsidade documental e alteración de prezos, entre outros, na adxudicación de varias obras.
Miguel Ángel Blanco, José Manuel Romay Beccaría, o ex-presidente portugués Cavaco Silva e a presidenta da aseguradora Ocaso, Isabel Castelo, Medallas de Ouro de Galicia 2017. O Consello da Xunta vén de aprobar estas distincións, que o Goberno outorga en vésperas do Día Nacional de Galicia e que volverá entregar o 24 de xullo.
A Garda Civil acode ao Teatre Nacional de Catalunya á procura de probas contra Junts pel Sí por un acto sobre o referendo de autodeterminación que o Goberno catalán prevé para o 1 de outubro. Está a contalo Catalunya Plural
Os ex-tesoureiros do PP comparecen esta mañá na comisión do Congreso que investiga o presunto financiamento ilegal do partido. O primeiro en comparecer é Rosendo Naseiro nunha sesión que pode seguirse ao vivo nesta ligazón
"Provaremos a inocência de Lula em todas as cortes não tendenciosas", di a defensa de Lula da Silva tras a condena en primeira instancia do ex-presidente brasileiro a nove anos e medio de cadea por corrupción pasiva e branqueamento de cartos. Está a contalo Carta Capital
Sindicatos e patronal chegan a un principio de acordo e suspenden ata o 2 de agosto a folga de buses que este xoves se ía converter en indefinida, avanza Europa Press Galicia na súa web. O 8 de agosto deberá estar en vigor o novo sistema da Xunta que orixinou o conflito e que segue a ser rexeitado pola patronal.
Lula, condenado a nove anos e medio de cárcere por branqueo de capitais e corrupción pasiva. Un tribunal de primeira instancia emitiu este mércores a sentenza pola implicación do ex-presidente brasileiro, que se preparaba para volver ser candidato, na rede de corrupción que operou en Petrobras.