Sindicatos e patronal chegan a un principio de acordo e suspenden ata o 2 de agosto a folga de buses que este xoves se ía converter en indefinida, avanza Europa Press Galicia na súa web. O 8 de agosto deberá estar en vigor o novo sistema da Xunta que orixinou o conflito e que segue a ser rexeitado pola patronal.
Fálase
Lula, condenado a nove anos e medio de cárcere por branqueo de capitais e corrupción pasiva. Un tribunal de primeira instancia emitiu este mércores a sentenza pola implicación do ex-presidente brasileiro, que se preparaba para volver ser candidato, na rede de corrupción que operou en Petrobras.
Despréndese da Antártida o iceberg máis grande da historia. A revista National Geographic explica as causas e efectos deste fenómeno, que captou a Axencia Espacial Europea dende un dos seus satélites.
O pleno do Parlamento comeza cun minuto de silencio na memoria de Miguel Ángel Blanco, o edil do PP de Ermua (Biskaia) de orixes galegas asasinado por ETA hai hoxe 20 anos.
Manuel Bello Parga, Manolito Bello, guerrilleiro antifranquista sentenciado a morte no 1946 con 21 anos de idade, foi homenaxeado este martes na Coruña, no aniversario da súa execución, nun acto organizado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, o PCG e as XCG. O pasado ano conmemorouse o 70 aniversario do seu asasinato.
A Autoridade Portuaria da Coruña admite por primeira vez que se negocie unha quita da débeda que mantén co Estado, como propón o Concello. Dos 300 millóns de euros de débeda que arrastra o Porto, 200 corresponden a un préstamo do Goberno central para a a construción do Porto Exterior de Punta Langosteira
Os encoros galegos sitúanse un 15% por debaixo da súa media histórica nesta altura de ano, debido principalmente a que as chuvias no que vai de ano foron un 35% inferiores ao habitual
O PP saca adiante a súa proposta de teito de gasto, antesala dos orzamentos de 2018, grazas ao apoio de Ciudadanos, PNV e Coalición Canaria
O PSOE crece a costa de Unidos Podemos pero non conseguiría evitar unha posible maioría absoluta de PP e Ciudadanos, segundo unha enquisa de Celeste Tel que publica eldiario.es
O PP rexeita a lei galega de identidade de xénero promovida por colectivos LGTBI e apoiada por toda a oposición. Aquí, toda a información