O pleno do Parlamento comeza cun minuto de silencio na memoria de Miguel Ángel Blanco, o edil do PP de Ermua (Biskaia) de orixes galegas asasinado por ETA hai hoxe 20 anos.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5965d899840e3-photo_2017-07-12_10-06-23.jpg)
O pleno do Parlamento comeza cun minuto de silencio na memoria de Miguel Ángel Blanco, o edil do PP de Ermua (Biskaia) de orixes galegas asasinado por ETA hai hoxe 20 anos.
Manuel Bello Parga, Manolito Bello, guerrilleiro antifranquista sentenciado a morte no 1946 con 21 anos de idade, foi homenaxeado este martes na Coruña, no aniversario da súa execución, nun acto organizado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, o PCG e as XCG. O pasado ano conmemorouse o 70 aniversario do seu asasinato.
A Autoridade Portuaria da Coruña admite por primeira vez que se negocie unha quita da débeda que mantén co Estado, como propón o Concello. Dos 300 millóns de euros de débeda que arrastra o Porto, 200 corresponden a un préstamo do Goberno central para a a construción do Porto Exterior de Punta Langosteira
Os encoros galegos sitúanse un 15% por debaixo da súa media histórica nesta altura de ano, debido principalmente a que as chuvias no que vai de ano foron un 35% inferiores ao habitual
O PP saca adiante a súa proposta de teito de gasto, antesala dos orzamentos de 2018, grazas ao apoio de Ciudadanos, PNV e Coalición Canaria
O PSOE crece a costa de Unidos Podemos pero non conseguiría evitar unha posible maioría absoluta de PP e Ciudadanos, segundo unha enquisa de Celeste Tel que publica eldiario.es
O PP rexeita a lei galega de identidade de xénero promovida por colectivos LGTBI e apoiada por toda a oposición. Aquí, toda a información
“Prepárense, nunca viron nada igual”, di o alcalde de Vigo, Abel Caballero, na inauguración dunha rotonda cunha fonte con pantalla LED incorporada. O propio Concello salienta que é unha fonte “da modernidade” para “poñer a Vigo no lugar no que ten que estar”.
Chegan á Coruña as familias e docentes do colexio Monte Caxado das Pontes para rexeitaren o peche do centro, decretado pola Xunta no remate do curso. Máis información, hoxe en Praza.
VÍDEO | Uxía avanza os contidos do seu pregón das Festas do Apóstolo, que será pronunciado o vindeiro venres no inicio das xornadas festivas da capital galega. Por Nós TV