VÍDEO | Uxía avanza os contidos do seu pregón das Festas do Apóstolo, que será pronunciado o vindeiro venres no inicio das xornadas festivas da capital galega. Por Nós TV
Fálase
En marcha a sétima xornada da folga de autobuses malia aos avances en materia de "cláusulas sociais e laborais" e "garantías para o emprego" acadadas pola Consellería con CC.OO. e UGT este martes, mentres que a CIG sinala que fican asuntos pendentes. A conselleira Ethel Vázquez comparece hoxe no Parlamento mentres continúan as negociacións con sindicatos e patronal.
Os sindicatos manteñen a folga de autobuses que a partir deste martes esténdese a todos os días da semana. Os traballadores seguen avanzando nas súas negociacións con Xunta e patronal sobre o convenio colectivo pero o paro aínda non é desconvocado polas discrepancias existentes sobre o plan de transporte do Goberno galego. Este martes CIG, CCOO e UGT concentraranse ao mediodía diante do Parlamento de Galicia.
A União das Cidades Capitais de Língua Portuguesa celebra hoxe en Santiago a xornada A língua como oportunidade. A capital galega forma parte desta rede dende 2016, cando o pleno municipal aprobou a incorporación por unanimidade.
O cura de Momán e Xestoso aposta por "prohibir a corruptos ser padriños de bautizo e vodas e asistir a festas relixiosas". "Deben escoller entre a vida mafiosa ou a católica", di Luis Ángel Rodríguez Patiño, quen lembra que o papa Francisco "di que a corrupción é unha grave enfermidade da que hai que curarse" e recalma un "decreto da Santa Sé" ao respecto.
Interior apaga o seu novo sistema para predicir agresións machistas tres meses despois de estrealo. Cóntao eldiario.es
A comunidade educativa das Pontes inicia este domingo unha marcha ata A Coruña en protesta polo peche do CPI Monte Caxado. Chegará o martes á delegación de Educación na cidade. Este é un dos dous centros de ensino cuxo peche decidiu a Xunta para o próximo curso, xunto co CEIP Navasqües de Outes.
O cabezudo Rajoy de Intermón Oxfam camiña no Salnés polos refuxiados. A ONG leva a súa protesta contra o bloqueo do Goberno aos refuxiados á Ruta da Pedra e da Auga que o presidente adoita realizar nas súas vacacións na comarca e que contrapoñen aos 5.000 quilómetros que separan Damasco de Madrid.
Os tres portavoces da oposición pídenlle a Feijóo que rectifique o seu plan de transporte. Villares, Leiceaga e Pontón coincidiron este sábado, ao tempo en que participaron na marcha en apoio dos traballadores de Ferroatlántica, en reclamar á Xunta que evite a continuidade da folga de autobuses, que esta próxima semana converterase en indefinida.
Rammstein congregou este venres a 30.000 persoas en Viveiro, no concerto principal desta edición do Resurrection Fest, que supón unha revolución para a vila.