Os niños de avespa velutina retirados en Galicia superaron os 4.800 no primeiro semestre do ano, segundo os datos da comisión de seguimento da Xunta, feitos públicos este sábado
Fálase
En marcha o plenario de En Marea, que se estenderá durante toda a xornada. A presentación dos relatorios pódese seguir ao vivo nesta ligazón. O máis destacado dos debates da xornada, hoxe en Praza.
O ex-presidente do Banco Pastor nega que ocultase presuntos branqueos da Gürtel e acusa a antiga dirección do Popular de tentar desprestixialo. Cóntao La Opinión
O TSXG desbota a suspensión cautelar do decreto de vivendas turísticas da Xunta, como pedía a asociación de propietarios. Cóntao Faro de Vigo. O Goberno galego xa recuou e rectificou a norma ante as críticas de Competencia, emitindo por terceira vez na historia da autonomía unha "instrución interpretativa" dunha norma.
O Goberno de España anuncia un plan de obras en estradas por 5.000 millóns para despois do verán con proxectos público-privados. Mentres, o Ministerio de Fomento está a aludir razóns orzamentarias para vetar o traspaso da AP-9 a Galicia.
Puigdemont remuda tres membros do Goberno catalán para reforzar a cohesión interna cara ao referendo do 1-O. Está a contalo Catalunya Plural
VÍDEO | Así esvaece o 'mar' de néboa nos Ancares. As cámaras de Meteogalicia recolleron este venres a mudanza da paisaxe na montaña lucense nas primeiras horas do día ao desaparecer a mesa néboa.
O derradeiro presidente do Banco Popular ignorou as denuncias de presunto branqueo no Pastor ligadas ao caso Gürtel, segundo a información que adianta o diario ABC
Unidos Podemos pide que comparezan no Congreso Feijóo, Rajoy e Marcial Dorado sobre o financiamento irregular do PP, segundo informa o diario Público
O fiscal pide manter a imputación a Louzán e sobreseer a de Caballero no caso Patos, avanza Europa Press na súa web. O ex-presidente da Deputación de Pontevedra é sospeitoso de delitos de prevaricación, falsidade documental e alteración de prezos, entre outros, na adxudicación de varias obras.