O ex-presidente do Banco Pastor nega que ocultase presuntos branqueos da Gürtel e acusa a antiga dirección do Popular de tentar desprestixialo. Cóntao La Opinión
Fálase
O TSXG desbota a suspensión cautelar do decreto de vivendas turísticas da Xunta, como pedía a asociación de propietarios. Cóntao Faro de Vigo. O Goberno galego xa recuou e rectificou a norma ante as críticas de Competencia, emitindo por terceira vez na historia da autonomía unha "instrución interpretativa" dunha norma.
O Goberno de España anuncia un plan de obras en estradas por 5.000 millóns para despois do verán con proxectos público-privados. Mentres, o Ministerio de Fomento está a aludir razóns orzamentarias para vetar o traspaso da AP-9 a Galicia.
Puigdemont remuda tres membros do Goberno catalán para reforzar a cohesión interna cara ao referendo do 1-O. Está a contalo Catalunya Plural
VÍDEO | Así esvaece o 'mar' de néboa nos Ancares. As cámaras de Meteogalicia recolleron este venres a mudanza da paisaxe na montaña lucense nas primeiras horas do día ao desaparecer a mesa néboa.
O derradeiro presidente do Banco Popular ignorou as denuncias de presunto branqueo no Pastor ligadas ao caso Gürtel, segundo a información que adianta o diario ABC
Unidos Podemos pide que comparezan no Congreso Feijóo, Rajoy e Marcial Dorado sobre o financiamento irregular do PP, segundo informa o diario Público
O fiscal pide manter a imputación a Louzán e sobreseer a de Caballero no caso Patos, avanza Europa Press na súa web. O ex-presidente da Deputación de Pontevedra é sospeitoso de delitos de prevaricación, falsidade documental e alteración de prezos, entre outros, na adxudicación de varias obras.
Miguel Ángel Blanco, José Manuel Romay Beccaría, o ex-presidente portugués Cavaco Silva e a presidenta da aseguradora Ocaso, Isabel Castelo, Medallas de Ouro de Galicia 2017. O Consello da Xunta vén de aprobar estas distincións, que o Goberno outorga en vésperas do Día Nacional de Galicia e que volverá entregar o 24 de xullo.
A Garda Civil acode ao Teatre Nacional de Catalunya á procura de probas contra Junts pel Sí por un acto sobre o referendo de autodeterminación que o Goberno catalán prevé para o 1 de outubro. Está a contalo Catalunya Plural