Activo un novo incendio na provincia de Ourense que "supera as 20 hectáreas" afectadas no Barco de Valdeorras. É o segundo incendio do que Medio Rural informa nas últimas 24 horas, aínda que se produciron varios máis. (Imaxe: Brif Laza)

Activo un novo incendio na provincia de Ourense que "supera as 20 hectáreas" afectadas no Barco de Valdeorras. É o segundo incendio do que Medio Rural informa nas últimas 24 horas, aínda que se produciron varios máis. (Imaxe: Brif Laza)
Máis dun cento de familias benefícianse da renda social municipal da Coruña. Ao mes incorpóranse de media 25 novas rendas sociais, cunha contía que sobrepasa os 456 euros
O PPdeG anuncia que vai "celebrar o Día de Galicia" catro días antes do 25 de xullo cunha homenaxe a Fraga en Vilalba encabezada o vindeiro venres polo secretario xeral, Miguel Tellado, e á que non acudirá Feijóo por motivos de "axenda". No anuncio dos actos Tellado chamou a contrastar este evento coas xornadas organizadas "por Beiras e Anova, que traerán aos seus amigos da CUP e Bildu para copiar o secesionismo vasco e catalán".
Atopan morto dun disparo a Miguel Blesa, ex-presidente de Caja Madrid. A Cadena SER vén de avanzar a noticia e eldiario.es tamén está a informar ao respecto.
Leiceaga avanza que está a "reflexionar seriamente" sobre concorrer ás primarias á secretaría xeral do PSdeG. Sinalouno durante unha entrevista na Radio Galega.
O Fondo Monetario Internacional teima en recomendar a España os fondos privados de pensións e non subilas máis do 0,25% fixado polo Goberno de España como tope aínda que aumenten os prezos. Son parte das conclusións da "misión" da institución para o Estado español, que veñen de se facer públicas.
Un incendio forestal afectou a montes de Ribas de Sil (Lugo) no serán deste martes. A única información actualizada pola Xunta a primeira hora deste mércores indica que a contorna afectada é superior ás 100 hectáreas. É o segundo incendio do que ofrece datos Medio Rural dende o inicio do período de alto risco. (Imaxe: BRIF Laza).
O TSXG nega á residencia privada Rialta os 6 millóns que reclamaba á Universidade da Coruña por retirarlle a subvención. Cóntao La Opinión
Declárase un incendio na contorna do polígono coruñés de Agrela, nun monte próximo ao centro comercial Marineda City. Bombeiros da Coruña e efectivos de Medio Rural están a actuar na zona (imaxe dos bombeiros da Coruña).
Xoel López, Sés, Jarabe de Palo, Macaco, Miguel Bosé, a Orquestra Sinfónica de Galicia ou o espectáculo Chané na Habana, entre as principais ofertas musicais das Festas de María Pita da Coruña, que comezarán o vindeiro 1 de agosto co pregón do ex-xogador de baloncesto Fernando Romay. O Concello coruñés vén de presentar o cartel e o programa da celebración.