Feijóo advirte a Rajoy que "non debe negociar nada" co actual Goberno catalán. "Sería un gravísimo erro", di o presidente da Xunta, que non descarta aplicar o artigo 155 da Constitución.

Feijóo advirte a Rajoy que "non debe negociar nada" co actual Goberno catalán. "Sería un gravísimo erro", di o presidente da Xunta, que non descarta aplicar o artigo 155 da Constitución.
A RAG homenaxeou este venres a Luz Pozo Garza polo seu 95º aniversario. "Autenticidade, elegancia e beleza", dixo o presidente, Víctor F. Freixanes, para definila.
O Estado subirá a luz en Galicia para repercutir catro impostos da Xunta, segundo adianta Faro de Vigo. O impacto será maior do previsto ao non afectar só ao canon eólico, senón tamén ao dos encoros, ao de saneamento ou ao imposto de contaminación atmosférica. Este incremento do recibo nos fogares galegos derívase dunha sentenza do Supremo do pasado mes de marzo.
O 54% dos indultos do Goberno de Rajoy contaron cun informe desfavorable de xuíces ou fiscais. O Executivo do PP aprobou 47 indultos malia ter informes contrarios á súa concesión por parte do ministerio Fiscal e a sala do Tribunal.
A policía rexistra o Centro Tecnoloxico da Carne, dependente da Xunta, en Ourense. A operación enmárcase nunha investigación da Fiscalía.
Deportivo-Real Madrid e Celta-Real Sociedad na primeira xornada da Liga, cuxo calendario sortéase esta mañá.
O 48% dos cataláns apoia o referendo unilateral fronte ao 46% que o rexeita, segundo unha enquisa do CEO. O 41,1% apoiaría a independencia mentres que o 49,4% votaría 'non'.
O Goberno inclúe seis condenados por prevaricación nos 20 indultos concedidos en 2017, conta eldiario.es. O Ministerio de Justicia xustifica que non houbo enriquecemento persoal.
O xuíz decreta prisión incondicional e sen fianza para Ángel María Villar e o seu fillo Gorka.
A Xunta admite que tarda unha media de 16 meses en recoñecer os graos de discapacidade e pagará pluses a médicos para aceleralo. “Necesitamos ser máis áxiles”, recoñece Feijóo, que informa de que médicos do Sergas poderán de xeito voluntario e cobrando un plus axudar ao persoal de Servizos Sociais a acadar o obxectivo dunha demora máxima de tres meses.