O Estado subirá a luz en Galicia para repercutir catro impostos da Xunta, segundo adianta Faro de Vigo. O impacto será maior do previsto ao non afectar só ao canon eólico, senón tamén ao dos encoros, ao de saneamento ou ao imposto de contaminación atmosférica. Este incremento do recibo nos fogares galegos derívase dunha sentenza do Supremo do pasado mes de marzo.
Fálase
O 54% dos indultos do Goberno de Rajoy contaron cun informe desfavorable de xuíces ou fiscais. O Executivo do PP aprobou 47 indultos malia ter informes contrarios á súa concesión por parte do ministerio Fiscal e a sala do Tribunal.
A policía rexistra o Centro Tecnoloxico da Carne, dependente da Xunta, en Ourense. A operación enmárcase nunha investigación da Fiscalía.
Deportivo-Real Madrid e Celta-Real Sociedad na primeira xornada da Liga, cuxo calendario sortéase esta mañá.
O 48% dos cataláns apoia o referendo unilateral fronte ao 46% que o rexeita, segundo unha enquisa do CEO. O 41,1% apoiaría a independencia mentres que o 49,4% votaría 'non'.
O Goberno inclúe seis condenados por prevaricación nos 20 indultos concedidos en 2017, conta eldiario.es. O Ministerio de Justicia xustifica que non houbo enriquecemento persoal.
O xuíz decreta prisión incondicional e sen fianza para Ángel María Villar e o seu fillo Gorka.
A Xunta admite que tarda unha media de 16 meses en recoñecer os graos de discapacidade e pagará pluses a médicos para aceleralo. “Necesitamos ser máis áxiles”, recoñece Feijóo, que informa de que médicos do Sergas poderán de xeito voluntario e cobrando un plus axudar ao persoal de Servizos Sociais a acadar o obxectivo dunha demora máxima de tres meses.
O alcalde de Palas de Rei e o seu antecesor, condenados por prevaricación e acoso laboral á secretaria municipal xunto a outros 4 edís do PP. O rexedor Pablo Taboada e o anterior titular do posto, o actual tenente de alcalde Fernando Pensado, son condenados pola Audiencia de Lugo a 15 meses de prisión e 9 e 8 anos de inhabilitación, respectivamente. Toda a información, nesta ligazón.
A Xunta organiza unha nova presentación do proxecto de servizos para o vello hospital de Lugo. Como anunciara o pasado xuño, o complexo volverá ter usos sanitarios, entre outros, cando estea a piques de cumprir unha década pechado.