PSdeG, BNG e AGE critican con dureza a intervención de Rajoy do debate de política xeral. A socialista Laura Seara salienta que “Rajoy esqueceu a Galicia no seu anuncio de axudas a parados, a pesar de ser a segunda comunidade na que máis aumentou o paro”. A nacionalista Olaia Fernández Davila denunciou o ton “triunfalista, exculpatorio e negativo para os intereses das persoas”. E AGE criticou o discurso “inhumano e insensible cos problemas da xente do común” centrado en salientar os beneficios dos recortes destinados a garantir a débeda pública e o déficit.
Fálase
Rubalcaba pide reformar a lei electoral para "desbloquear as listas" e "abrir a Constitución" para "recoñecer a realidade estatutaria". Reclama tamén a suspensión dos "aspectos máis daniños" da reforma laboral durante o Debate sobre o Estado da Nación.
A sección sindical de CCOO dos Bombeiros de Madrid apoia os compañeiros da Coruña e anuncia que o corpo madrileño, ao igual que o de Cataluña, tampouco colaborará nos desafiuzamentos.
Pemex dá un respiro a Barreras ao ampliarlle o prazo para entregar os avais do flotel. Así o asegura o presidente do estaleiro, que anuncia que en breve se asinará ese acordo para conseguir máis tempo.
A Igrexa promove un concurso entre alumnado de colexios cofinanciados con fondos públicos baixo o lema El embrión humano, el más pequeño de los hermanos. Cóntao El Diario.
Rajoy pecha o seu discurso no Congreso concluíndo que "custou moita dor, pero o barco non afundiu”. Os grupos da oposición, dende a esquerda até CiU, responden con críticas ao seu "triunfalismo" e sinalan por exemplo que o plan de emprego xuvenil no que se investirán 1.000 millóns contrasta cos 4.000 millóns que se detraeron nos dous últimos Orzamentos Xerais para estas políticas.
Rajoy afirma que a reforma laboral "atenuou a destrución de emprego". Porén, en 2012 destruironse 850.000 empregos. As redes sociais reaccionan ante o optimismo do presidente do Goberno.
Rajoy anuncia que o déficit queda por debaixo do 7% e engade "o compromiso era 6,3%, pero Europa aceptará o 7%"
Rajoy comeza a súa intervención no debate de politica xeral rexeitando falar de "brotes verdes" pero salientando que "a débeda externa deixou de atenazarnos” e que "non chagamos ao final da viaxe pero superamos unha etapa trascendental"
Portugal revisa as súas previsións económicas ante o vindeiro exame dos seus acreedores internacionais, que comeza o luns. Anuncia que para este ano prevé unha recesión do 2% fronte ao 1% estimado previamente