Celébranse arestora as concentracións contra a LOMCE baixo o lema #NinReválidasNinLOMCE. Culmina así unha xornada de protestas contra a lexislación educativa do PP. Na imaxe, a concentración de Vigo (foto: @GalizaNovaVigo)

Celébranse arestora as concentracións contra a LOMCE baixo o lema #NinReválidasNinLOMCE. Culmina así unha xornada de protestas contra a lexislación educativa do PP. Na imaxe, a concentración de Vigo (foto: @GalizaNovaVigo)
Rajoy preséntase á investidura como garantía da "fin da incerteza" e reclama "acordos" ao resto de grupos nun discurso de pouco máis de 45 minutos. Crónica da primeira sesión da investidura, en eldiario.es
AO VIVO | Sesión de investidura de Mariano Rajoy no Congreso dos Deputados. Este mércores o candidato do PP pronuncia o seu discurso e o xoves será a quenda para do resto de grupos e a primeira votación, na que precisaría maioría absoluta. En directo, nesta ligazón.
Pedro Sánchez confirma que acudirá á sesión de investidura e votará "non a Mariano Rajoy". Así o vén de sinalar o ex-secretario xeral do PSOE pouco despois de que o voceiro do partido instase a acatar a abstención. Non detalla como actuará na votación definitiva, o sábado.
O voceiro do PSOE no Congreso advirte aos membros do grupo de que "non cabe liberdade de voto nin abstención mínima" na investidura de Rajoy. Advírteo nun escrito que detalla eldiario.es
Avogados da marca de cervexas Mahou piden a En Marea que "modifique" o seu logotipo para "evitar a confusión", segundo recolle a axencia Europa Press na súa web
O presidente do Parlamento realizará o venres a rolda de consultas previa á terceira investidura de Feijóo. Nesa xornada celebrarase tamén a primeira xuntanza da nova Mesa da Cámara.
A comunidade educativa está chamada a unha folga este mércores en protesta polas reválidas e a LOMCE. Pola tarde, ademais, están convocadas concentracións e manifestacións en todas as cidades galegas
O PSC ratifícase no seu non a Rajoy. O consello nacional do partido aprobou a posición por 241 votos a favor e unha soa abstención.
Rajoy tentará sumar ao PSOE ao seu pacto con Ciudadanos, destaca eldiario.es na súa portada. A partirdas 18 horas o candidato do PP exporá no Congreso o seu programa de gobernabilidade e o sábado pola tarde será investido presidente