O PSC ratifícase no seu non a Rajoy. O consello nacional do partido aprobou a posición por 241 votos a favor e unha soa abstención.
Fálase
Rajoy tentará sumar ao PSOE ao seu pacto con Ciudadanos, destaca eldiario.es na súa portada. A partirdas 18 horas o candidato do PP exporá no Congreso o seu programa de gobernabilidade e o sábado pola tarde será investido presidente
A nova investidura de Rajoy comezará este mércores ás 18:00 e Rajoy será elixido presidente polo Congreso, previsiblemente, o vindeiro sábado. Así o vén de confirmar a presidenta do Congreso despois de que o líder do PP evidenciase que acepta a formación de goberno.
Pecha a histórica empresa téxtil Caramelo. A propiedade da firma, o grupo Inveravante de Manuel Jove, presentou a proposta de liquidación esta mañá nos xulgados mercantís da Coruña. A compañía presentara concurso de acredores en 2013. Máis información, hoxe en Praza.
O PP e Manuel Martínez (ex-PSdeG) bloquean todos os asuntos do pleno da Deputación de Lugo. Fixérono para protestaren porque o presidente tramitou unha moción como rogo. Unha das iniciativas rexeitadas estaba vinculada aos bombeiros provinciais. Recólleo El Progreso
O grupo Quempallou dá "por finalizada a súa actividade" tras case dúas décadas de carreira musical. Véñeno de anunciar a través das súas redes sociais
O presidente dos bispos españois chama a "dicir non á ideoloxía de xénero" porque "é pouco serio separar o sexo do xénero". Recólleo eldiario.es
A venda das centrais hidroeléctricas de Ferroatlántica ameaza 400 empregos en Dumbría e Cee. Os grupos da oposición galega veñen instando a Xunta a mediar no conflito. Cóntao La Opinión
En Marea cualifica de “golpe de réxime” a investidura de Rajoy coa abstención do PSOE. Así o dixo a súa portavoz no Congreso, Alexandra Fernández, tras a súa reunión co Rei no marco da rolda de consultas do Xefe do Estado. “Unha cousa é a lexitimidade dunha votación dentro do Congreso e outra cousa é a lexitimidade do sentido común e da maioría social”, engadiu.
Oito baróns do PSOE piden a Fernández que a abstención sexa só de 11 deputados. Os secretarios xerais en oito comunidades piden unha xuntanza co presidente da xestora.