Antonio Baños renuncia ao seu escano pola CUP tras a decisión da formación de non apoiar a investidura de Mas. El Nacional publica a súa carta de dimisión, na que explica os seus motivos, "estritamente políticos".
Fálase
Gciencia destaca que un estudo da USC identificou máis de 100 palabras para denominar a chuvia na lingua galega. A investigación foi desenvolvida pola catedrática Elvira Fidalgo
Os usuarios e usuarias galegas de Blablacar aumentaron un 116% este nadal, segundo datos ofrecidos pola propia compañía. Un total de 125 mil persoas empregaron os seus servizos nalgún momento en Galicia.
A táboa periódica engade catro novos elementos químicos superpesados, descubertos por un equipo ruso-americano e por un equipo xaponés. Trátase da primeira modificación da táboa dende 2011.
A caída das bolsas chinesas (que pecharon cando acumulaban perdas do 7%) leva ao IBEX-35 a un recorte de case tres puntos.
A CUP propón investir a Junqueras, Romeva ou a converxente Munté. As direccións de CDC e ERC reuniranse este luns por separado para analizar a situación.
Galicia lidera a caída da poboación rural no Estado cun descenso do 7% desde 2008. Os pequenos concellos perden 25 habitantes por día e o 70% dos cidadáns galegos concéntranse en 86 municipios.
Ciudadanos considera que o AVE "non é prioritario" para Galicia. A voceira do partido no país, Olga Louzao, di que a formación tiña e ten propostas "moi claras" para a comunidade.
O superpetroleiro que quedou á deriva fronte a Carnota achegouse á costa a por unha áncora. O Front Serenade desviou o seu rumbo e causou a alarma na tarde do sábado.
Arabia Saudí rompe relacións diplomáticas con Irán, tralo ataque á súa embaixada en Teherán. Iñigo Sáenz de Ugarte analiza en El Diario o "perigo" que supón Arabia na rexión.