As bases de IU ratifican un acordo con Podemos para o 26-X. Un 84,5% vota a favor e un 13,1% en contra. O 2,4% dos chamados a votar abstivéronse.
Fálase
Cada unha das xuntanzas de Dillo Ti ten un custe de entre 600 e 700 euros, aos que hai que engadir uns 20 mil polo deseño e a campaña de comunicación. O Concello achegou os datos en resposta ás críticas da oposición
Concentracións contra as reválidas e a Lomce en varias vilas e cidades galegas. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público insiste no boicot ás probas que se celebrarán a vindeira semana.
Compromís repetirá o seu pacto con Podemos malia non lograr grupo propio no Congreso. Ambas as formacións están dispostas a ir xuntas o 26-X á espera de que se una Esquerra Unida.
Bruxelas recoñece que as negociacións do TTIP están a entrar en vía morta. O xefe negociador da UE recoñece que o futuro do acordo está condicionando a unhas cesións dos EUA que ve moi difíciles.
A número dous de Podemos-Galicia traballou para o PSOE ata febreiro. Celtia Traviesas foi asesora do presidente da Deputación de Lugo durante varias semanas para logo ser a candidata máis votada da formación morada nas súas primarias.
A Coruña crea unha oficina para mediar en desafiuzamentos e prestar asesoría xurídica. O obxectivo é chegar a acordos entre propietarios ou bancos e particulares.
Todos os partidos españois en Bruxelas agás o PP esixen que Cañete se explique na Eurocámara. PSOE, Podemos, Ciudadanos e IU mobilízanse para que responda tras coñecerse que a súa dona se acolleu á amnistía fiscal.
Fin da folga de limpeza tras rescindir a Xunta o contrato con Linorsa. Os traballadores decidiron suspender o paro que afectaba o ambulatorio de Arousa.
Os billetes de 500 euros deixarán de imprimirse en 2018. O BCE confirma o cesamento na emisión destes billetes, que seguirán sendo de curso legal.