A número dous de Podemos-Galicia traballou para o PSOE ata febreiro. Celtia Traviesas foi asesora do presidente da Deputación de Lugo durante varias semanas para logo ser a candidata máis votada da formación morada nas súas primarias.
Fálase
A Coruña crea unha oficina para mediar en desafiuzamentos e prestar asesoría xurídica. O obxectivo é chegar a acordos entre propietarios ou bancos e particulares.
Todos os partidos españois en Bruxelas agás o PP esixen que Cañete se explique na Eurocámara. PSOE, Podemos, Ciudadanos e IU mobilízanse para que responda tras coñecerse que a súa dona se acolleu á amnistía fiscal.
Fin da folga de limpeza tras rescindir a Xunta o contrato con Linorsa. Os traballadores decidiron suspender o paro que afectaba o ambulatorio de Arousa.
Os billetes de 500 euros deixarán de imprimirse en 2018. O BCE confirma o cesamento na emisión destes billetes, que seguirán sendo de curso legal.
Unha das familias en folga de fame en Vigo acepta realoxarse nun piso da Xunta en Salvaterra do Miño. Os afectados reclaman un aluguer social ante o Concello e piden a mediación das administracións.
O abandono de Kasich garante a Donald Trump a candidatura do Partido Republicano para as eleccións á presidencia dos EUA.
Méndez Romeu competirá por encabezar a candidatura socialista á Xunta, segundo publica Faro de Vigo. O portavoz parlamentario do PSdeG anunciará este venres a súa decisión de concorrer ás primarias, uníndose a Xoaquín Fernández Leiceaga e a Gonzalo Caballero
Rajoy adianta a súa presenza en Ourense ao venres e non asistirá ao congreso do PPdeG, que se celebra na cidade a fin de semana. En 2012 os populares galegos evitaran a presenza do seu líder estatal na proclamación de Feijóo como candidato á Xunta.
Calendario laboral 2017: Reis, o Día das Letras, o Xoves Santo e o Día Nacional de Galicia serán os festivos de carácter galego do vindeiro ano, segundo avanzou este xoves a Xunta, que terá que ratificar estas datas nun decreto.