Alumnos das Aulas Tecnópole gañan o premio especial da Exporecerca, o maior certame científico escolar de España, para viaxar á feira tecnolóxica de Los Ángeles. A súa investigación, que xa participara en Galiciencia, centrouse nun sistema de detección de chuvia aceda en solos e plantas e os métodos para contrarrestar os seus efectos
