Alexandra Fernández (En Marea) comeza a súa intervención con versos de Xohana Torres e anuncia o voto negativo do grupo galego. Acusa a Pedro Sánchez de "non querer" un cambio, de "crear espellismos" e lémbralle as esixencias de En Marea para apoiar o candidato socialista, dende a anulación da prórroga de ENCE, ao apoio aos sectores produtivos galegos e á creación dunha comisión de investigación sobre o accidente do Alvia.
Fálase
Pablo Iglesias confirma o voto negativo de Podemos á investidura de Pedro Sánchez. Critica o acordo do PSOE con Ciudadanos e as renuncias en materia económica e laboral. Reitera a oferta para un pacto de esquerdas no que Sánchez conte co apoio de Podemos, confluencias, UP e Compromís e a abstención do nacionalismo catalán
Pemex podería estar barallando a venda de Barreras para facer fronte ás debedas que acumula, publica La Voz de Galicia
El Diario revela a estratexia que levou a cabo a industria cárnica para contrarrestar nos medios de comunicación o informe sobre o cancro da OMS que confirmaba a relación entre a carne procesada e unha maior incidencia desta enfermidade. El Diario tivo acceso a esta información grazas a unha filtración que chegou a través de filtrala.org
O paro aumentou en febreiro en 2.231 persoas no conxunto de España, pero tamén se incrementou notablemente o número de persoas con traballo, un total de 63.355 novos e novas cotizantes. En Galicia hai despois de febreiro 1.179 desempregados/as menos, deixando o número total en 235.268, mentres que o número de persoas con traballo creceu en 4.654.
Comeza a segunda xornada da sesión de investidura coa intervención do líder do PP, Mariano Rajoy, que de entrada anuncia o non a Sánchez.
Rafael Louzán negou ante o xuíz que exista sobreprezo no contrato dos baixos comerciais que el e a súa dona alugaron a unha panadería en Vigo. Xuíz e fiscal decidirán agora se arquivan a causa, se propoñen a apertura de xuízo oral contra o aínda presidente do PP en Pontevedra ou se solicitan a práctica de máis dilixencias
Concellos e deputacións recibirán este ano un ingreso extra do Estado de 50.8 millóns, ao incrementar Facenda a recadación prevista.
A Xunta repará este verán, previo á celebración das eleccións ao Parlamento galego, 570 quilómetros de estradas, o 10% da rede autonómica.
Hoxe continúa o debate de investidura no Congreso, coas réplicas a Pedro Sánchez dos restantes grupos da cámara e a votación, a última hora da tarde, na que previsiblemente o candidato do PSOE só obterá o apoio de Ciudadanos e Coalición Canaria.