Rafael Louzán negou ante o xuíz que exista sobreprezo no contrato dos baixos comerciais que el e a súa dona alugaron a unha panadería en Vigo. Xuíz e fiscal decidirán agora se arquivan a causa, se propoñen a apertura de xuízo oral contra o aínda presidente do PP en Pontevedra ou se solicitan a práctica de máis dilixencias
Fálase
Concellos e deputacións recibirán este ano un ingreso extra do Estado de 50.8 millóns, ao incrementar Facenda a recadación prevista.
A Xunta repará este verán, previo á celebración das eleccións ao Parlamento galego, 570 quilómetros de estradas, o 10% da rede autonómica.
Hoxe continúa o debate de investidura no Congreso, coas réplicas a Pedro Sánchez dos restantes grupos da cámara e a votación, a última hora da tarde, na que previsiblemente o candidato do PSOE só obterá o apoio de Ciudadanos e Coalición Canaria.
Trump e Clinton gañan amplamente o supermartes de primarias e perfílanse como candidados republicano e demócrata á Presidencia. Trump impúxose en 7 dos 11 estados en xogo e conseguíu 192 delegados máis, fronte a 132 de Cruz e os 66 de Rubio. Clinton tamén obtivo sete triunfos, grazas sobre todo ao voto negro e latino.
Nova concentración en apoio de Nicanor Acosta, que se enfronta a dúas novas sancións por manifestarse contra as preferentes e por un escrache. O activista coruñés fora absolto pola xustiza tras outra sanción da Subdelegación do Goberno.
O prezo do leite en Galicia segue estancado a comezos de ano. Os gandeiros galegos continúan a recibir o importe máis baixo do Estado, 28,8 céntimos por litro.
Pedro Sánchez reta a Podemos a comezar o cambio "a vindeira semana" e insiste en que "non hai maioría suficiente para formar un goberno de esquerda".
A ONU cifra nunhas 30.000 as persoas atrapadas na fronteira entre Grecia e Macedonia. Nacións Unidas alerta de que a UE está preto de provocar unha crise humanitaria coas persoas refuxiadas. Recólleo Desalambre
Ás 16:30 comeza a sesión de investidura no Congreso. Podes seguir o discurso de Pedro Sánchez ao vivo nesta ligazón