Esta noite faleceu o xornalista e escritor José Luis Álvite, colaborador de Faro de Vigo, La Voz de Galicia, La Opinión, Onda Cero ou Radio Nacional. Tiña 65 anos e sufría un cancro.
Fálase
Cangas acollerá este venres un acto das Marchas da Dignidade previo á asemblea estatal que se celebrará o sábado. A partir das 19.30 horas, no Salón de Plenos do Concello e presentado por Mónica Caamaño, participarán representantes de CUT, SAT, CGT, Fronte Cívica, e outras persoas, coma o escritor Pepe Cáccamo.
O Foro Económico de Galicia difunde un documento con 50 medidas para revitalizar o tecido produtivo galego sen custe para as arcas públicas. Alertan de que o emprego perdido en Galicia durante a crise non se recuperará, acando menos, ata a vindeira década.
O fiscal pide procesar a Pachi Vázquez por prevaricación continuada sendo alcalde do Carballiño. Ve "relevantes e significativos" indicios de delito por uns trinta presuntos enchufes.
Xa se coñecen os filmes nomeados aos premios Oscar, que se entregarán o vindeiro 22 de febreiro. Birdman e O gran hotel Budapest suman nove candidaturas cada unha
O xuíz arquiva a querela contra o humorista Facu Díaz despois de escoitar a súa declaración. O presidente de Dignidad y Justicia pediu desculpas pola interpretación política que os medios lle deron á denuncia.
Facenda cre que o PP pagou a sede de Bilbao con fondos para protexer de ETA os seus concelleiros vascos.
Os traballadores de Zara en Nova York rebélanse polas condicións de traballo. A compañía cede e promete melloras salariais e máis contratos a xornada completa.
Diagonal lembra que esta primavera se aprobará o novo Código Penal, que cualifica de "novo recorte de liberdades", complementando a Lei de Seguridade Cidadá, que se aprobará en marzo. O xornal analiza a norma, á que lle foron presentadas 888 emendas, 45 á totalidade.
O Ministerio do Interior destrúe vídeos de polémicas expulsións de inmigrantes a Marrocos. Jorge Fernández Díaz recoñeceu, tras unha pregunta do deputado de Amaiur Jon Iñarritu, que as imaxes coas expulsións en quente do pasado mes de agosto xa non están dispoñibles