A Fiscalía evitou que o xuíz Andreu decidira sobre a extradición dos policías franquistas, segundo destaca El Diario. Retivo 48 horas a orden de detención até que entrou de garda Pablo Ruz.
Fálase
Un xuíz ordena devolver todos os cartos en preferentes a unha parella de Ribadavia que asinou a quita e que recuperou só o 40% dos seus aforros. O xuíz determina que NGB e aforradores "volvan a ter a mesma situación patrimonial que antes de celebrar o contrato nulo”.
O asasinato de Pavlos Fissas revelou a estreita relación entre a policía grega e o grupo neonazi Amencer Dourado. A investigación levou á dimisión de dous altos cargos policiais.
O ministro de Industria asegura que o meridiano de Greenwich pasa por Canarias. José Manuel Soria asegurouno ante a oposición do presidente canario a que todo o Estado adopte o fuso horario que actualmente ten o arquipélago. Esta proposta foi defendida para Galicia polo BNG nos documentos aprobados na súa asemblea nacional de 2006.
PP e UPyD acadan un acordo para emendar a Ley Wert e garantir que o castelán sexa "lingua vehicular" do ensino en todo o estado. En La Información.
Artur Mas asegura que "non hai marcha atrás posible" no dereito a decidir de Catalunya. O presidente da Generalitat asegurouno no seu discurso no debate de política xeral do Parlament, que Vilaweb está a ofrecer ao vivo.
O columnista de ABC Antonio Burgos ataca a xornalista de eldiario.es Irene Castro por preguntar como se paga a operación do rei. Cualifica de "ordinariez" a pregunta e chámalle "niñata" á xornalista.
A UE reclámalle 10 millóns de euros á Deputación de Ourense por uso fraudulento de axudas comunitarias. En El País.
O xuíz Ruz cita a declarar a dous dos torturadores franquistas reclamados pola xustiza arxentina. Comunicaralles a petición de extradición do país austral no marco da querela contra a ditadura.
A policía antidisturbios impídelle a un xornalista falar coa delegación da ONU que investiga os crimes do franquismo, segundo informa a Federación de Sindicatos de Xornalistas