PP e UPyD acadan un acordo para emendar a Ley Wert e garantir que o castelán sexa "lingua vehicular" do ensino en todo o estado. En La Información.
Fálase
Artur Mas asegura que "non hai marcha atrás posible" no dereito a decidir de Catalunya. O presidente da Generalitat asegurouno no seu discurso no debate de política xeral do Parlament, que Vilaweb está a ofrecer ao vivo.
O columnista de ABC Antonio Burgos ataca a xornalista de eldiario.es Irene Castro por preguntar como se paga a operación do rei. Cualifica de "ordinariez" a pregunta e chámalle "niñata" á xornalista.
A UE reclámalle 10 millóns de euros á Deputación de Ourense por uso fraudulento de axudas comunitarias. En El País.
O xuíz Ruz cita a declarar a dous dos torturadores franquistas reclamados pola xustiza arxentina. Comunicaralles a petición de extradición do país austral no marco da querela contra a ditadura.
A policía antidisturbios impídelle a un xornalista falar coa delegación da ONU que investiga os crimes do franquismo, segundo informa a Federación de Sindicatos de Xornalistas
O DOG publica este mércores a declaración do convento de Herbón como Ben de Interese Cultural, como reclamaban diversos colectivos veciñais, sociais e culturais.
O Goberno conxelará o soldo dos funcionarios en 2014. É o cuarto ano consecutivo de conxelación salarial tras a rebaixa do 5% en 2010.
PSdeG-PSOE e AGE pídenlle explicacións á Xunta polo contrato do flotel de Pemex. A adxudicación foi adiada, unha vez máis, até novembro.
Esta fin de semana celébrase en Vigo, nas instalacións do Alg-a Lab na parroquia de Valadares, a III Edición do Festival de curtas Curtopía. O conflito de Porto Cabral, o problema do emprego, as migracións, o antimilitarismo ou a interferencia rural-urbano, son algúns dos temas dos traballos presentados.