O DOG publica este mércores a declaración do convento de Herbón como Ben de Interese Cultural, como reclamaban diversos colectivos veciñais, sociais e culturais.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5242965627f5b-4fa967dc581c7-asam.socios1.jpg)
O DOG publica este mércores a declaración do convento de Herbón como Ben de Interese Cultural, como reclamaban diversos colectivos veciñais, sociais e culturais.
O Goberno conxelará o soldo dos funcionarios en 2014. É o cuarto ano consecutivo de conxelación salarial tras a rebaixa do 5% en 2010.
PSdeG-PSOE e AGE pídenlle explicacións á Xunta polo contrato do flotel de Pemex. A adxudicación foi adiada, unha vez máis, até novembro.
Esta fin de semana celébrase en Vigo, nas instalacións do Alg-a Lab na parroquia de Valadares, a III Edición do Festival de curtas Curtopía. O conflito de Porto Cabral, o problema do emprego, as migracións, o antimilitarismo ou a interferencia rural-urbano, son algúns dos temas dos traballos presentados.
Elnosa pídelle ao TSXG que amplíe a súa licencia ambiental e negocia a prórroga coa Xunta. A multinacional lusa aduce cambios normativos para tentar evitar que o 6 de xaneiro de 2014 teña que poñer fin á súa actividade en Lourizán
Unha caixa de resistencia para apoiar os docentes en folga en Balears suma máis de 130.000 euros. Levan sete días en folga contra os recortes e a implementación do trilingüismo
Posada expulsa do Congreso o deputado de IU que intentaba expor a moción vetada sobre o caso Bárcenas. Izquierda Plural abandona o hemiciclo.
BNG e Compromiso por Galicia reúnense este mércores para abordar "conformar unha coalición unitaria galega de forzas nacionalistas e de esquerda" nas europeas.
Ence prepara novos investimentos en Pontevedra, "segura de que permanecerá 75 anos máis", destaca Economía Digital. "A nova Lei de Costas permite prorrogar ata 75 anos a concesión, e é o que proximamente imos solicitar", destacou en El País o conselleiro delegado da empresa, Ignacio de Colmenares.
Yolanda Díaz, vicevoceira de AGE, denunciou hoxe a "actitude sexista" dun deputado do PP na última sesión plenaria e pediu a súa reprobación, rexeitada por Pilar Rojo. O representante popular chamoulle "fea" a Consuelo Martínez (AGE) e nin sequera foi chamado á orde.