Unha caixa de resistencia para apoiar os docentes en folga en Balears suma máis de 130.000 euros. Levan sete días en folga contra os recortes e a implementación do trilingüismo
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/52427675a613e-docentes-dimision-bauza-inicio-universitario_ediima20130919_0511_13.jpg)
Unha caixa de resistencia para apoiar os docentes en folga en Balears suma máis de 130.000 euros. Levan sete días en folga contra os recortes e a implementación do trilingüismo
Posada expulsa do Congreso o deputado de IU que intentaba expor a moción vetada sobre o caso Bárcenas. Izquierda Plural abandona o hemiciclo.
BNG e Compromiso por Galicia reúnense este mércores para abordar "conformar unha coalición unitaria galega de forzas nacionalistas e de esquerda" nas europeas.
Ence prepara novos investimentos en Pontevedra, "segura de que permanecerá 75 anos máis", destaca Economía Digital. "A nova Lei de Costas permite prorrogar ata 75 anos a concesión, e é o que proximamente imos solicitar", destacou en El País o conselleiro delegado da empresa, Ignacio de Colmenares.
Yolanda Díaz, vicevoceira de AGE, denunciou hoxe a "actitude sexista" dun deputado do PP na última sesión plenaria e pediu a súa reprobación, rexeitada por Pilar Rojo. O representante popular chamoulle "fea" a Consuelo Martínez (AGE) e nin sequera foi chamado á orde.
O pleno da Deputación de Lugo aproba a condena ao franquismo e a petición de que a exaltación do fascismo sexa delito. A iniciativa saíu adiante cos votos de PSdeG e BNG, mentres que o PP votou en contra.
Rubalcaba reclámalle a Rajoy que trate "xa" a situación de Catalunya e pide unha reforma da Constitución para definir os "elementos federais" xa existentes e buscar o encaixe de Catalunya: "Catalunya ten uns dereitos que non están na Constitución. Hai que reformala para recoller as singularidades históricas".
O recibo da luz subirá un 3,1% dende outubro como consecuencia da última poxa eléctrica. Recólleo a Cadena SER
Desenvolven un Google Earth do mundo antigo. O proxecto Pelagios 3 foi realizado pola Universidade Aberta e o Instituto Austriaco de Tecnoloxía, a partir de mapas romanos, árabes, cartas medievais europees e chinesas, así como cartas de navegación do século XIII.
Público analiza a forma en que o Ministerio de Emprego endureceu as condicións para cobrar a prestación por desemprego: os parados terán que estar sempre localizados e non poderán saír de España máis de 15 días sen previa autorización.