Yolanda Díaz, vicevoceira de AGE, denunciou hoxe a "actitude sexista" dun deputado do PP na última sesión plenaria e pediu a súa reprobación, rexeitada por Pilar Rojo. O representante popular chamoulle "fea" a Consuelo Martínez (AGE) e nin sequera foi chamado á orde.
Fálase
O pleno da Deputación de Lugo aproba a condena ao franquismo e a petición de que a exaltación do fascismo sexa delito. A iniciativa saíu adiante cos votos de PSdeG e BNG, mentres que o PP votou en contra.
Rubalcaba reclámalle a Rajoy que trate "xa" a situación de Catalunya e pide unha reforma da Constitución para definir os "elementos federais" xa existentes e buscar o encaixe de Catalunya: "Catalunya ten uns dereitos que non están na Constitución. Hai que reformala para recoller as singularidades históricas".
O recibo da luz subirá un 3,1% dende outubro como consecuencia da última poxa eléctrica. Recólleo a Cadena SER
Desenvolven un Google Earth do mundo antigo. O proxecto Pelagios 3 foi realizado pola Universidade Aberta e o Instituto Austriaco de Tecnoloxía, a partir de mapas romanos, árabes, cartas medievais europees e chinesas, así como cartas de navegación do século XIII.
Público analiza a forma en que o Ministerio de Emprego endureceu as condicións para cobrar a prestación por desemprego: os parados terán que estar sempre localizados e non poderán saír de España máis de 15 días sen previa autorización.
O PP volve rexeitar que Feijóo compareza no pleno do Parlamento para dar explicacións sobre o "financiamento do PP", como pedía o PSdeG e apoiaban AGE e BNG.
A Fiscalía oponse á detención dos torturadores franquistas reclamados por Arxentina. Asegura que os delitos están prescritos e arquivados pola lei de Amnistía de 1977. Pola contra, o Goberno arxentino abre todos os seus consulados para recoller denuncias contra a ditadura de Franco.
Secuestrado en Siria o xornalista de El Periódico Marc Marginedas. Varios grupos de rebeldes atribúense a súa captura.
A PAH convoca a partir das 11 unha concentración en Vigo, no cruce de Colon con Policarpo Sanz, ante os catro bancos que alí se ubican, para protestar "pola cerrazón, prepotencia e trato inhumano que os bancos estan a dar aos afectados polas hipotecas"