Secuestrado en Siria o xornalista de El Periódico Marc Marginedas. Varios grupos de rebeldes atribúense a súa captura.
Fálase
A PAH convoca a partir das 11 unha concentración en Vigo, no cruce de Colon con Policarpo Sanz, ante os catro bancos que alí se ubican, para protestar "pola cerrazón, prepotencia e trato inhumano que os bancos estan a dar aos afectados polas hipotecas"
BNG e PSdeG-PSOE levarán este martes ao pleno da Deputación de Lugo a condena ao franquismo. O Bloque presentará unha moción para homenaxear o conxunto dos represaliados da provincia na ditadura. E os socialistas piden tipificar como delicto “a exaltación do franquismo"
A lei Wert permitiralles aos centros privados construir colexios en solo público, segundo unha emenda introducida polo PP no debate parlamentario da norma.
100 directores do CSIC esíxenlle ao Goberno máis cartos para a I+D. Piden recuperar os niveis de financiamento público existentes en 2009 e eliminar os actuais límites da taxa de reposición de emprego público
Un xefe de brigada sofre queimaduras de segundo grao no incendio da Merca
A Mesa reclama a derrogación do decreto do plurilingüismo e a elaboración doutro "xuridicamente forte e pedagoxicamente eficaz" tras as sentenzas que anularon parte da normativ vixente.
O incendio da Merca xa queimou catro casas, unha delas habitada. Tamén está declarada a alerta de nivel 1 en Paderne de Allariz e Guitiriz. (foto: @ptaboadab)
O 27 de setembro Pontevedra acolle a primeira sesión do evento Estruming Days, que busca afondar en distintas experiencias e propostas de innovación que se desenvolven na zona rural. Terá continuidade en outubro e novembro. Os seus organizadores destacan que "hai que combinar o ben propio e o ben común respectando a identidade e aproveitando os propios recursos”
O Comité de Empresa da TVG denuncia no blog Eu non manipulo que a televisión pública silenciou as voces críticas coa xestión do Goberno galego do incendio do Monte Pindo.