A lei Wert permitiralles aos centros privados construir colexios en solo público, segundo unha emenda introducida polo PP no debate parlamentario da norma.
Fálase
100 directores do CSIC esíxenlle ao Goberno máis cartos para a I+D. Piden recuperar os niveis de financiamento público existentes en 2009 e eliminar os actuais límites da taxa de reposición de emprego público
Un xefe de brigada sofre queimaduras de segundo grao no incendio da Merca
A Mesa reclama a derrogación do decreto do plurilingüismo e a elaboración doutro "xuridicamente forte e pedagoxicamente eficaz" tras as sentenzas que anularon parte da normativ vixente.
O incendio da Merca xa queimou catro casas, unha delas habitada. Tamén está declarada a alerta de nivel 1 en Paderne de Allariz e Guitiriz. (foto: @ptaboadab)
O 27 de setembro Pontevedra acolle a primeira sesión do evento Estruming Days, que busca afondar en distintas experiencias e propostas de innovación que se desenvolven na zona rural. Terá continuidade en outubro e novembro. Os seus organizadores destacan que "hai que combinar o ben propio e o ben común respectando a identidade e aproveitando os propios recursos”
O Comité de Empresa da TVG denuncia no blog Eu non manipulo que a televisión pública silenciou as voces críticas coa xestión do Goberno galego do incendio do Monte Pindo.
Feijóo considera un "chiste" os eloxios a Franco que vén lanzando reiteradamente o alcalde de Beade, do PP. Díxoo nun almorzo informativo do que dá conta El País.
Un incendio obriga a desaloxar un colexio na Merca, segundo recolle Europa Press.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga contra a LOMCE o 24 de outubro e manifestacións para ese día ás 11:30 horas