Máis de 85 mil persoas votaron na primeira xornada da consulta convocada por Podemos entre os seus inscritos e inscritas sobre a investidura. O proceso chegará ata o sábado pola noite e achégase xa aos 95 mil que participaron na consulta realizada polo PSOE en febreiro ou aos 107 mil que o fixeron na primeira votación online convocada por Podemos en 2014.
Fálase
O Ministerio de Emprego gasta só o 15% do orzamento da axuda para parados de longa duración. 100.000 persoas cobraron esta prestación de 426 euros, a pesar de que o obxectivo era chegar a uns 450.000 desempregados.
Moncloa prepara a caída do ministro Soria. informa El Diario. A dimisión podería producirse "en cuestión de horas". Este venres non irá ao Consello de Ministros.
O lehendakari Urkullu recibe este venres a Feijóo en Vitoria. Oficialmente, ambos presidentes abordarán cuestións de "interese compartido", se ben sobre a xuntanza paira a posibilidade dun adianto electoral. As eleccións galegas e vascas celebráronse o mesmo día en 2012 e 2009.
Os autores gregos Anthonis Papatheodoulou e Iris Samartzi gañan o Premio Compostela de Álbums Ilustrados co seu traballo El último día, que será publicado por Kalandraka.
O ministro Soria tiña participacións en empresas radicadas en paraísos fiscais mentres era alcalde de Las Palmas, segundo conta eldiario.es
Louzán explica arestora os detalles da reestrea da selección galega de fútbol. Galicia xogará contra Venezuela o vindeiro día 20 de maio logo de máis de sete anos de ausencia. Mäis información, hoxe en Praza.
Os inscritos e inscritas en Podemos votan entre hoxe e o sábado se o partido debe permitir que gobernen PSOE e Ciudadanos ou se debe manter a aposta por un Goberno progresista formado por PSOE, Podemos e confluencias, IU e Compromís. A dirección da formación aposta publicamente por esta segunda opción.
O Goberno central renuncia a cambiar as poxas de bonificacións eléctricas como pedía Alcoa. Red Eléctrica de España sostén que a interrumpibilidade non é necesaria.
Caballero propón que o poder local do PSdeG impulse un candidato ás primarias para liderar o partido nas eleccións autonómicas.