VÍDEO | A canle Copa90 estrea un documental sobre a paixón do derbi galego entre Deportivo e Celta. A peza relata a idiosincrasia de Galicia, "onde a xente vive a súa vida, o seu fútbol e o seu derbi como ninguén máis". #onosoderbi
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5a9d0487a15cb-derbydays.jpg)
VÍDEO | A canle Copa90 estrea un documental sobre a paixón do derbi galego entre Deportivo e Celta. A peza relata a idiosincrasia de Galicia, "onde a xente vive a súa vida, o seu fútbol e o seu derbi como ninguén máis". #onosoderbi
A forma da auga, de Guillermo del Toro, triunfa na gala dos Oscar como mellor película nunha noite inzada de reivindicacións.
O Movemento Cinco Estrelas, forza máis votada nas elecciones italianas nun panorama marcado pola falta de maiorías de goberno. Cóntao eldiario.es
Lito, o rei das orquestras, condenado a 14 anos de cadea por fraude fiscal logo de facturar 50 millóns pero só declarar catro entre 2011 e 2012.
Feijóo, en 'Salvados', sobre a sucesión de Rajoy: "É positivo para España que un presidente do Goberno presidise antes unha autonomía". O presidente da Xunta déixase querer como futuro sucesor do actual xefe do Executivo central.
O nomeamento de Rocío Mosquera á fronte da empresa pública Galaria volve ao Parlamento da man do PSdeG. A Xunta nomeara a ex-conselleira directora da firma dous meses despois de colocala a dedo.
Desenvólvese xa en Vigo a gran manifestación feminista previa á folga do 8-M. Milleiras percorren as rúas da cidade chamando ao paro para "transformar a vida das mulleres". Toda a información da marcha, esta tarde en Praza.gal. Foto: BNG.
O Concello de Santiago iza a bandeira feminista no Pazo de Raxoi para conmemorar o 8-M. Vigo acolle mañá unha manifestación unitaria previa á folga das mulleres do xoves.
A CUP non apoiará a investidura de Jordi Sànchez e anuncia que se absterá se chega a producirse. ERC si que dará o seu voto ao candidato encarcerado.
A galega Ana Peleteiro, medalla de bronce no mundial de atletismo en pista cuberta. Bateu o récord galego de triplo salto cunha marca de 14,40 que lle valeu para quedar terceira.