A forma da auga, de Guillermo del Toro, triunfa na gala dos Oscar como mellor película nunha noite inzada de reivindicacións.
Fálase
O Movemento Cinco Estrelas, forza máis votada nas elecciones italianas nun panorama marcado pola falta de maiorías de goberno. Cóntao eldiario.es
Lito, o rei das orquestras, condenado a 14 anos de cadea por fraude fiscal logo de facturar 50 millóns pero só declarar catro entre 2011 e 2012.
Feijóo, en 'Salvados', sobre a sucesión de Rajoy: "É positivo para España que un presidente do Goberno presidise antes unha autonomía". O presidente da Xunta déixase querer como futuro sucesor do actual xefe do Executivo central.
O nomeamento de Rocío Mosquera á fronte da empresa pública Galaria volve ao Parlamento da man do PSdeG. A Xunta nomeara a ex-conselleira directora da firma dous meses despois de colocala a dedo.
Desenvólvese xa en Vigo a gran manifestación feminista previa á folga do 8-M. Milleiras percorren as rúas da cidade chamando ao paro para "transformar a vida das mulleres". Toda a información da marcha, esta tarde en Praza.gal. Foto: BNG.
O Concello de Santiago iza a bandeira feminista no Pazo de Raxoi para conmemorar o 8-M. Vigo acolle mañá unha manifestación unitaria previa á folga das mulleres do xoves.
A CUP non apoiará a investidura de Jordi Sànchez e anuncia que se absterá se chega a producirse. ERC si que dará o seu voto ao candidato encarcerado.
A galega Ana Peleteiro, medalla de bronce no mundial de atletismo en pista cuberta. Bateu o récord galego de triplo salto cunha marca de 14,40 que lle valeu para quedar terceira.
Un antigo axudante do rei Juan Carlos, novo presidente da Fundación Francisco Franco, que xestiona as visitas ao Pazo de Meirás e di que as emprega para gabar a figura do ditador.