Un antigo axudante do rei Juan Carlos, novo presidente da Fundación Francisco Franco, que xestiona as visitas ao Pazo de Meirás e di que as emprega para gabar a figura do ditador.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5a9a8f72e93be-chicharro.jpg)
Un antigo axudante do rei Juan Carlos, novo presidente da Fundación Francisco Franco, que xestiona as visitas ao Pazo de Meirás e di que as emprega para gabar a figura do ditador.
Antiviolencia propón sancionar un afeccionado por mostrar unha bandeira independentista galega en Pasarón. Acúsano de "crear entre os seguidores do equipo contrario unha gran axitación e alteración" durante o partido contra o Racing de Ferrol. Cóntao Pontevedra Viva.
Os Franco trasladan ao Pazo de Meirás as esculturas do Pórtico da Gloria que reclama Santiago. A familia do ditador sitúa no inmoble que vén de poñer en venda as figuras tras rematar a exposición sobre o Mestre Mateo en Compostela. Cóntano La Opinión e El Ideal Gallego.
ERC non proporá a Oriol Junqueras como candidato á investidura. Nin Esquerra nin a CUP aseguran o seu apoio a Jordi Sánchez, alternativa a Puigdemont.
O BNG lanza nas redes o vídeo #2AnosConAna no que se fai "un repaso dos principais temas políticos que centraron o traballo da nova etapa do Bloque ao longo destes dous anos de Ana Pontón como portavoz nacional".
As rúas de Viveiro, ateigadas onte nunha nova manifestación contra a supresión da área sanitaria da Mariña e contra a nova Lei de Saúde que prepara a Xunta, logo da gran marcha de Santiago de hai un mes.
Puigdemont demanda a España ante a ONU por violar os seus dereitos políticos e “frustrar” a súa reelección
Arquivada a causa contra o concelleiro do PP de Dumbría ao que o partido suspendera de militancia tras ser detido por violencia machista.
Liberdade para o fundador de Blusens, detido por un suposto delito contra a propiedade intelectual e organización criminal. José Ramón García era un dos galegos que aparecía na lista de debedores a Facenda que publicara o Ministerio.
O manifesto As xornalistas paramos, que apoia a folga feminista do 8 de marzo, achégase ás tres mil sinaturas en tan só unhas horas. O texto critica a fenda salarial, a precariedade, os teitos de cristal, as dificultades para a conciliación, pero tamén "a visión parcial da realidade que tantas veces ofrecen os medios"