Liberdade para o fundador de Blusens, detido por un suposto delito contra a propiedade intelectual e organización criminal. José Ramón García era un dos galegos que aparecía na lista de debedores a Facenda que publicara o Ministerio.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5a990f7d90512-blusens.jpg)
Liberdade para o fundador de Blusens, detido por un suposto delito contra a propiedade intelectual e organización criminal. José Ramón García era un dos galegos que aparecía na lista de debedores a Facenda que publicara o Ministerio.
O manifesto As xornalistas paramos, que apoia a folga feminista do 8 de marzo, achégase ás tres mil sinaturas en tan só unhas horas. O texto critica a fenda salarial, a precariedade, os teitos de cristal, as dificultades para a conciliación, pero tamén "a visión parcial da realidade que tantas veces ofrecen os medios"
Jordi Évole regálalle a Alberto Núñez Feijoo un exemplar de Fariña: "Léao porque fala de vostede". Este domingo o xornalista entrevistará o presidente da Xunta en Salvados.
Puigdemont fai oficial a súa renuncia á reelección e sinala a Jordi Sànchez para a investidura.
Ana Miranda estréase como eurodeputada do BNG entregando á Comisión Europea información da instrución xudicial de Angrois que evidencia que Adif sabía que debía avaliar mellor a curva e non o fixo. O BNG está pendente da decisión que a Comisión tome sobre a súa denuncia contra España por incumprir a normativa comunitaria no accidente.
Feijóo anuncia unha lei contra a seca e un plan para controlar a calidade da auga para consumo humano, competencia local. “Este é o momento, un momento no que hai auga, incluso no que hai neve”, di o presidente.
O sindicato de maquinistas chega a un acordo con Renfe e desconvoca a folga que ía iniciar este venres día 2 de marzo. Segue activa a convocada pola CGT para o 8 de marzo.
O Supremo absolve a Cassandra Vera, a moza que fora condenada pola Audiencia Nacional a un ano de prisión por facer chistes sobre Carrero Blanco. Cóntao eldiario.es
A Deputación da Coruña instará a Patrimonio Nacional a recuperar o Pazo de Meirás apoiándose no informe xurídico que observa nulidade no proceso a través do que os Franco quedaron con el. Buscará, segundo vén de anunciar, o apoio do resto de Administración e das forzas políticas. Máis información, hoxe en Praza.
Esgotados os abonos de tres días para o festival O Son do Camiño, o primeiro ligado ao Xacobeo 2021. Así o vén de comunicar a organización do evento.